Carriola.CdRRdM.23.06.26
O Club de Remo Ría de Marín vén de asinar unha gran actuación nos Campionatos de España de Remo Olímpico nas categorías cadete, xuvenil e sub23, celebrados esta fin de semana no encoro de Banyoles (Girona). O club logrou subirse ao podio oficial do medallero nacional cun bronce e situar á súa entidade entre as mellores do país.
Os deportistas marinenses amosaron un altísimo nivel competitivo nas regatas, destacando de forma colectiva no Campionato. Grazas aos seus esforzos e á conquista dunha medalla de bronce, o Club de Remo Ría de Marín acadou a 23ª posición no medallero xeral nacional dun total de 61 clubs participantes, un posto compartido con outras entidades de prestixio como o Barcelona Club de Rem, o Real Club Náutico Torrevieja ou Ur Kirolak. A nivel de seleccións, o bo facer dos remadores locais axudou decisivamente a que Galicia obtivese o cuarto posto por puntos na clasificación final da Copa do Rei por autonomías.
Detalle de participacións e posicións de Marín
A delegación marinense desprazada a Girona pechou a súa participación no torneo cunha listaxe de resultados moi positiva na elite, conseguindo unha medalla de bronce e colocando a tres das súas tripulacións no top 6 do país.
Categoría Cadete :
Doble scull: Breogán Gutiérrez Dopazo y Gorka Rivadulla Sobrino — 19ª posición
Categoría Juvenil :

Skiff: Xián Gutiérrez Dopazo — 3ª posición, medalla de bronce.

Doble Scull Masculino : Anxo Blanco Trabazo e Xairo Rivadulla Sobrino — 17ª posición.
Categoría Sub-23 :
Skiff : Breogán Fariña Fernández — 10ª posición.
Doble Scull Femenino: Níobe Barreiro Fernández e Saioa Iglesias Domínguez — 5ª posición.
Skiff: Marta García Vázquez — 6ª posición.
Convocatoria oficial coa Selección Española
O marinense Xián Gutiérrez Dopazo foi convocado de xeito oficial polo equipo nacional na categoría Sub 19 Masculino. O deportista porase ás ordes do técnico Alejandro Demiddi de inmediato, incorporándose á concentración que o combinado estatal realiza no Centro de Especialización de Alto Rendemento (CEAR) La Cartuja, en Sevilla, de cara a preparar as próximas citas internacionais do verán.
Agradecemento institucional e empresarial
A xunta directiva do Club de Remo Ría de Marín quere facer extensivo este gran momento a todas as entidades e firmas comerciais que apostan de forma decidida polo seu proxecto deportivo. Estes triunfos non serían posibles sen o apoio incondicional e o patrocinio do Concello de Marín, a Deputación de Pontevedra, o Plan Social Ence, Nodosa Group, o Grupo Pesmar e Codisoil. O seu compromiso co deporte base e de elite é o principal motor que permite ao club seguir medrando, viaxando ás grandes citas estatais e levando con orgullo o nome de Marín por todo o mapa deportivo.
Inscricións abertas para o Curso de Verán 2026
Aproveitando o impulso dos grandes éxitos acadados polas categorías base en Banyoles, o Club de Remo Ría de Marín recórdalles que xa está aberto o prazo para o seu curso estival, que se celebrará do 20 de xullo ao 20 de agosto para mozos de entre 8 e 16 anos. As prazas son limitadas e o único requisito indispensable é saber nadar. Para obter máis información, resolver dúbidas ou formalizar a matrícula, as persoas interesadas poden poñerse en contacto directo co club a través do teléfono 669957267 ou enviando un correo electrónico a clubederemoriademarin@gmail.com