Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Museo do Mar” pecha o “Festival de Cine 2026" coa edición estival e con programación que, patrimonio, mar e cine de autor

Carriola.Museo do Mar.26.06.26

O Festival Cine do Mar presenta a súa Edición Estival 2026, que terá lugar do 26 ao 28 de xuño na localidade de Marín. O festival acolle a II Xuntanza Mariñeira con exhibición de embarcacións tradicionais, a VI Homenaxe ás Mulleres e Homes do Mar, e a proxección de Romería, o aclamado filme de Carla Simón, no recentemente inaugurado Auditorio de Marín. 

II Xuntanza Mariñeira: tres días de navegación e tradición

Durante todo o fin de semana o protagonismo será para o patrimonio marítimo. No Paseo Antonio Alcalde Blanco terá lugar a II Xuntanza Mariñeira, con exhibición de embarcacións tradicionais e saídas á ría de navegación libre. O programa detállase así:

* Venres 26 de xuño: ás 17:00 h, recepción de embarcacións.

* Sábado 27 de xuño: ás 11:00 h e 17:00 h, navegación libre na ría. Ás 12:00 h, “VI Homenaxe ás Mulleres e Homes do Mar”.

* Domingo 28 de xuño: ás 11:00 h, navegación libre; ás 13:00 h, despedida.

VI Homenaxe ás Mulleres e Homes do Mar

Un dos momentos máis emotivos da programación terá lugar o sábado ás 12:00 h, coa celebración a VI edición da Homenaxe ás Mulleres e Homes do Mar, un acto de recoñecemento á xente do mar e ás súas traxectorias vitais.

Romería de Carla Simón: estreo no Auditorio de Marín

O punto culminante do festival será a proxección de Romería (2025), o novo filme de Carla Simón que pecha a súa triloxía familiar. A sesión, con entrada libre ata completar o aforo, terá lugar o sábado ás 20:00 h no Auditorio de Marín. Por primeira vez desde a súa recente inauguración, o recinto ofrecerá unha sesión de cine.

A película, terceira entrega dunha filmografía de profunda carga autobiográfica, acadou un notable recoñecemento a nivel nacional e internacional: obtivo seis nominacións aos Premios Goya, múltiples candidaturas nos Premios Gaudí e competiu pola prestixiosa Palma de Ouro no Festival de Cannes. Rodada en boa parte na cidade de Vigo, Romería consolidouse como un dos grandes títulos da tempada.

A organización destes actos corresponde ao Museo do Mar de Marín e a Asociación Cultural Ronsel, de Seixo (Marín) co patrocinio do “Concello de Marín”, “Frigorífico Rosa de los Vientos” e “Gadis”.

roslev