Carriola.Redacción.06.07.26
De aquí en diante, os grupos políticos con presencia en Marín, ainda que de momento non teñan acadada representación na corporación municipal, empezarán a amosar ante a cidadanía o seu potencial e as súas propostas para unha nova etapa que se ha de poñer en marcha no mes de maio do próximo ano.
Nesta texitura xa se atopa o BNG que lidera en Marín Lucia Santos Omil, presentada xa hai varias semanas como a candidatura para a próxima campaña, e o próximo xoves contará coa visita de Ana Pontón nunha presnecia no entorno do paseo marítimo Antonio Blanco Solla, ás once da mañán.
Será, con toda seguridade, un primeiro empuxón de ánimo para a xa candidata nacionalista que conta neste intre con catro postos na oposición na corporación que preside María Ramallo, do PP.