Carriola.Redacción.10.07.26
O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e a concelleira, Marián Sanmartín, recibiron onte aos rapaces e rapazas do Campus de Baloncesto que ven desde Castela e León xa por terceiro ano consecutivo a pasar unha semana na nosa vila, xuntando moito deporte, pero tamén praias, natureza e ocio.