Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Marín de Cine” organiza no multiusos do mercado un miniciclo de “Cine de Verán” dentro da actividade “Peque Cine”

Carriola.MdC.20.07.26 

Marín de Cine celebra esta semana dúas sesións especiais de cine de verán no Multiusos do Mercado Municipal, dentro da programación do campamento audiovisual PEQUE CINE. A iniciativa ofrecerá unha selección de curtametraxes de animación e imaxe real pensadas para todos os públicos, especialmente para nenas e nenos a partir dos 7 anos.

As proxeccións terán lugar o martes 21 e o xoves 23, ambas ás 21:00 horas. Ademais da programación de curtametraxes, o público poderá descubrir os traballos audiovisuais realizados polas alumnas e alumnos participantes no campamento, resultado das actividades creativas desenvolvidas ao longo das últimas semanas.

A proposta busca achegar o audiovisual aos máis pequenos dunha forma participativa, fomentando a creatividade, a imaxinación e o gusto polo cinema desde idades temperás.

Este verán, a mellor butaca tráela ti

A entrada será gratuíta e, para crear un ambiente diferente e máis próximo ao espírito do cine de verán, a organización anima ás persoas asistentes a traer a súa propia cadeira de praia para desfrutar comodamente da sesión. Unha oportunidade perfecta para compartir unha noite de cinema en familia e celebrar o talento dos máis novos.

roslev