Carriola.Redacción.21.07.26
O Concello valora mou positivamente as festas do Carme considerando “a enorme afluencia de público, o excelente ambiente vivido durante todos os días de programación e o importante retorno económico para a hostalaría, o comercio e os distintos sectores locais”
O Concello de Marín fai un balance moi positivo das Festas do Carme 2026, unha edición que, aseguran “quedará marcada pola extraordinaria participación cidadá e pola capacidade da vila para converterse, durante máis dunha semana, no gran punto de encontro festivo da comarca”.
Nunha nota de valoración desde o concello destacan “A elevadísima afluencia de público que as distintas actividades programadas rexistraron cunhas prazas e espazos festivos cheos prácticamente en cada unha das citas, desde os concertos e actuacións musicais ata os actos tradicionais, culturais, deportivos e familiares”.
As orquestras e o mundial de futbol
Destacan tamén

Verbena da Panorama
“O éxito das grandes orquestras que confirmou unha vez máis o atractivo da programación deseñada polo Concello, congregando milleiros de persoas cada noite e xerando un ambiente festivo que se prolongou ao longo de toda a celebración” e, xunto a ese aspecto que “Esta edición estivo marcada ademais por unha circunstancia excepcional como foi a coincidencia coa fase final do Mundial de Fútbol que, lonxe de restarlle protagonismo ás festas, o conseguimos integrar este acontecemento na programación, habilitando espazos para o seguimento dos encontros coa pantalla grande da Alameda, epicentro da celebración da vitoria da nosa Selección e, sobre todo, grazas á hostalaría, que se volcou nuns días de enorme ilusión social sendo a resposta da veciñanza extraordinaria, especialmente na histórica xornada vivida onte coa final do campionato, que se converteu nun auténtico colofón para unhas festas inesquecibles”.
Moitos visitantes e gran impacto económico
Por poutra parte destacan que “Durante todos estes días, Marín recibiu a milleiros de visitantes procedentes de distintos puntos de Galicia, sendo especialmente notable a chegada de moita mocidade desde Pontevedra e o resto da comarca, que elixiu a vila como destino para desfrutar das festas. Esta importante mobilidade tamén se viu reflectida no incremento do uso do transporte público durante as xornadas de maior afluencia e impacto positivo trasladouse igualmente ao tecido económico local pois, hostalaría rexistrou unha intensa actividade, con terrazas, bares e restaurantes cheos durante boa parte da programación, ao igual que o comercio local, que tamén se beneficiou do constante fluxo de visitantes, unha situación que confirma o importante retorno económico que supoñen unhas festas desta dimensión para o municipio”.
Tamén a prolongación do funiconamento das atraccións de feira nos días posteriores á programación pola coincidencia do fin de semana e valorada positivamente polo goberno local xsa que supuxo rebaixas dos prezos nelas que beneficiaron ás familias.
Reoñecemento aos traballadores e traballadoras
Noutro aspecto desta valoración , desde o Goberno Local faise un “Agradecemento expreso ao enorme traballo realizado polos empregados e empregadas das Brigadas Municipais, especialmente á de Limpeza, que durante todos estes días redobraron esforzos para garantir o correcto desenvolvemento das celebracións, e do mesmo xeito, o Concello quere agradecer a profesionalidade e coordinación da Policía Local, da Garda Civil, dos servizos de emerxencias e do resto dos corpos que velaron pola seguridade durante toda a programación, permitindo que as festas se desenvolvesen con total normalidade e cun ambiente de convivencia exemplar”.

Tamen se valora positivamente o cambio levado a cabo lo lanzamento dos fogos de artificio no que se utilizou o espigón da dársena do Paseo Blanco nun formato de fogos fríos que permitiu mellorar notablemente a súa visibilidade para o público.
O balance destas Festas do Carme 2026 para o GOberno Local “Non pode ser máis satisfactorio pola elevada participación, a convivencia, o éxito da programación e o impacto económico xerado consolidan a Marín como un dos grandes referentes festivos de Galicia durante o verán e reforzan a aposta municipal por seguir mellorando cada edición para ofrecer unhas festas á altura da resposta da cidadanía e das miles de persoas que cada ano escollen a vila para participar nelas”.