Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello anuncia as datas da “XV Festa Corsaria” e abre o prazo de solicitude de mesas na rúa e ambientación

Carriola.CdM.23.07.26 

O Concello abre o prazo para solicitar mesas de particulares e hostalaría e presenta unha edición que incorpora novidades, como os concertos de Orballo Cultural, que traerán finalmente a Ortiga e a Mondra a decimoquinta festa corsaria que se celebrará os días 14 e 15 do mes de agosto

Marín xa comeza preparar unha das fins de semana máis especiais e esperadas do ano. A alcaldesa, María Ramallo, acompañada polas concelleiras Marián Sanmartín, Mónica Viqueira e Itziar Álvarez, presentou esta mañá o cartel e a imaxe oficial da XV Festa Corsaria, que volverá encher as rúas da vila de historia, música, gastronomía e ambiente corsario os próximos 14 e 15 de agosto.

A Festa Corsaria, consolidada xa como unha das grandes citas do verán galego e un dos eventos con maior capacidade de convocatoria de Marín, volverá transformar o centro urbano nun auténtico escenario do século XIX, recreando a batalla que en agosto de 1800 librou o corsario marinense Gago de Mendoza en Aguete contra as tropas inglesas, que viñan roubar o cargamento de plata da fragata Alcudia, con destino Pontevedra.

Nesta décimo quinta edición espérase unha das maiores afluencias de público da historia da festa, consolidando un evento que cada verán dinamiza a actividade comercial, hostaleira e turística do municipio.

Aberto o prazo para solicitar mesas e participar na ambientación

Coincidindo coa presentación da imaxe oficial, o Concello abre tamén o prazo para solicitar autorización para instalar mesas na rúa para xantar e cear de particulares e da hostalaría durante a Festa Corsaria.

As solicitudes poderán presentarse desde o 27 de xullo ata o 7 de agosto, mediante o formulario específico dispoñible na páxina web municipal e no Rexistro do Concello.

A documentación poderá presentarse a través do trámite Instancia Xeral da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro Municipal, de luns a venres, entre as 09.00 e as 14.00 horas.

Tanto os particulares como os establecementos hostaleiros deberán achegar un esbozo ou fotografías do espazo solicitado e comprometerse a cumprir a normativa establecida polo Concello.

Entre os requisitos máis destacados figura a obrigatoriedade de que as mesas, terrazas e elementos decorativos estean totalmente integrados na estética histórica da Festa Corsaria, así como que a vestimenta dos participantes e do persoal da hostalaría sexa acorde coa época representada. Tamén se regulan aspectos relacionados coa seguridade nos lumes e grellas, coa protección do espazo público e coa limpeza das zonas ocupadas, que deberán quedar completamente recollidas ao rematar a celebración.

Concurso de Decoración e Ambientación

Co obxectivo de seguir implicando á cidadanía na creación do ambiente corsario que caracteriza esta celebración, o Concello convoca tamén o X Concurso de Decoración e Ambientación.

O certame premiará tanto aos establecementos hostaleiros como ás mesas de particulares que destaquen pola súa creatividade, ambientación, orixinalidade e fidelidade á época histórica.

Nos locais valorarase especialmente a decoración exterior, as terrazas e a indumentaria do persoal, mentres que nas mesas particulares teranse en conta a posta en escena, a imaxinación e a caracterización dos participantes.

O concurso repartirá premios e accésits tanto para hostalaría como para particulares, entregándose os galardóns o sábado 15 de agosto na Praza de España.

Ortiga e Mondra: a previa musical da man de Orballo Cultural

A programación deste ano trae unha novidade importantísima para animar a noite do venres: os concertos de Ortiga e Mondra, dentro do programa Orballo Cultural, que se desenvolverá na Praza de España, coa financiación da Xunta de Galicia.

Son dous dos artistas galegos con maior proxección do panorama musical actual e referente da música contemporánea en Galicia. Aínda que estaba prevista a participación do grupo De Ninghures, finalmente por problemas de axenda non será posible e tratarase de buscar un novo concerto da banda no futuro.

Durante as próximas semanas o Concello dará a coñecer a programación completa dunha edición que volverá converter Marín nunha auténtica vila corsaria e que aspira a bater todos os rexistros de participación, facendo que miles de persoas desfruten dunha festa que xa é un dos grandes sinais de identidade do verán marinense.

roslev