Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Alameda acolleu onte a presentación da carreira “+10 K Manuel Rosales” que se celebra esta tarde/noite

Carriola.Redacción.23.07.26 

Na tarde de onte estiveron no xa tradicional “salón” desta proba a alcaldesa, María Ramallo, e o atleta que dá nome á carreira, Manuel Rosales, acompañados por Alberto Juzdado, Javier Gómez Noya, Griselda González e Carlos de la Torre.

A Avenida de Ourense será hoxe escenario da tradicional “Carreira +10 Manuel Rosales”, proba de 10 kilómeros que se realiza polo entorno urbano e ten final na rúa Almuíña, proba que foi presentada onte por Terio Carrera, e que terá hoxe unha participación record tal é o interés dos atletas e participar nela

De novo, instalouse na alameda o xa tradicional

 

“salón” da proba, no que estiveron a alcaldesa, María Ramallo, e representantes do Concello, xunto co veterano atleta ao que se lle adica a carreira, Manuel Rosales, e nomes destacadísimos do panorama atlético estatal, entre eles, dous Premios Príncipe de Asturias dos Deportes: Alberto Juzdado, terceiro de Europa en Helsinki e Javier Gómez Noya, cinco veces campión mundial. Xunto a eles, tres olímpicos: Juan Carlos Higuero, Griselda González e Carlos de la Torre.

Todos eles padriños e madriñas dunha proba que como explica o organizador da mesma, Víctor Riobó, en apenas catro anos duplicou as súas cifras, situándose no seu récord de participación para hoxe: en torno a 1.350 persoas.

Probas previas por idades

Coma é habitual, arrancará no circuíto a carreira dos máis pequenos para despois iniciar ás 22.00 horas a proba de adultos, que este ano conta coa novidade do circuíto de 5k.

A alcaldesa destacou durante a presentación O enorme seguemento que ten esta proba e en xeral todo o que ten que ver con running e onde Marín está a ser un referente. Cada vez vemos máis grupos de persoas, tanto da vila como de cidades cercanas, que aproveitan a nosa cidade e litoral para correr, adestrar… e iso nótase despois na participación nas probas deportivas. Non se me pode ocorrer unha mellor forma de promocionar e gozar de Marín”.

roslev