Carriola.Redacción.01.08.26
As redes sociais, con todo o que teñen de bo, tamén son un niño de ataques anónimos ou indetectables á persoas que teñen que soportar a súa negativa incidencia pràcticamente sin defensa porque ainda non se loglou nin se lograrà que as publicacións vaias obrigatoriamente con identificación dos seus autores. Lucía Santos ven recibindo no seu perfil insultos e referencias de algún ou algúns personaxes que se cultan na oscuridade informática que os axuda no sue comporamento inaceptable.
E o pasado xoves, a concelleira y alcaldable para o 2027 do BNG, recibiu o aopio de moitas persoas que rexeitan ese comportamento e o Consello Local do partidnacionalista local nos remite a seguinte nota ao respcto:
O BNG REIVINDICA O DEREITO A FACER POLÍTICA SEN MEDO
Lucía Santos Omil recibiu de decenas de persoas que se achegaron á Praza da Veiguiña para amosarlle a súa solidariedade e rexeitar os insultos e as mensaxes de odio recibidos nas redes sociais
Decenas de persoas achegáronse o xoves 30 de xullo, á Praza da Veiguiña para amosar o seu apoio á candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Lucía Santos Omil, tras ser obxecto nas redes sociais dunha vaga de insultos con expresións como “puta”, “retrasada”, así como de mensaxes de odio e ameazas como “te voy a meter la bandera por el culo”, “ese borrego necesita una ostia para ponérselos en su sitio”.
O BNG lembrou que a discrepancia política forma parte da democracia, mais advertiu de que o insulto, o acoso e as ameazas nunca poden normalizarse nin utilizarse para expulsar ninguén do debate público. Lucía Santos subliñou que non se trata dunha cuestión de siglas, senón de garantir unha convivencia democrática na que todas as persoas poidan exercer a liberdade de expresión sen medo nin intimidación.
Entre as persoas participantes estiveron representantes institucionais e orgánicos do BNG, como o deputado no Parlamento de Galicia Paulo Ríos, máis coñecido como Kai, e Alicia Arruti, que xa denunciara unha campaña de ciberacoso, con insultos, mensaxes de odio e ameazas de morte tras participar nunha mobilización polo Día da Patria Galega. Ambos trasladaron unha mensaxe de apoio a Lucía Santos e de firmeza fronte a calquera intento de intimidación.
A organización advertiu de que o sucedido transcende un caso concreto e apelou á memoria democrática dun País marcado por décadas de represión franquista, censura e persecución das ideas. Para o BNG, preservar esa memoria implica defender o pluralismo como unha conquista colectiva que non pode darse por garantida.
O BNG agradeceu ás numerosas mostras de apoio recibidas e reafirmou o seu compromiso de continuar defendendo as súas ideas e propostas coa mesma convicción de sempre.
Consello Local.