Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Deputación presenta no Museo a 65ª edición de ‘Á Luz dos Candelabros’, concerto do alumnado internacional de Música en Compostela

Carriola.Dep.Prov.04.07.26 

Será o 8 de agosto ás 19:00 horas no Edificio Castelao, con entrada libre ata completar a capacidade

O Museo de Pontevedra acolle un ano máis o concerto ‘Á Luz dos Candelabros’, unha cita que chega este ano á súa 65ª edición. O alumnado do curso internacional Música en Compostela, chegado de múltiples países de todo o mundo, actuará diante do público nunha cita que se repite no Museo xa desde a década de 1960. Será o sábado 8 de agosto ás 19:00 horas no Edificio Castelao, con entrada libre ata completar a capacidade.

O curso internacional Música en Compostela fundouse en 1958 e leva desde entón atraendo músicos de todo o mundo que cada verán chegan a Galicia para formarse en música española. A edición deste ano celébrase do 2 ao 15 de agosto.

O director de Música en Compostela é o indio Ashan Pillai, tamén profesor de viola e música de cámara. Completan o cadro de profesorado María José Montiel (canto), Diego Ares (clavecín), David del Puerto (composición), Juan de la Rubia (órgano), Stephan Picard (violín), María de Macedo e Thomas Carroll  (violonchelo), Jose María Gallardo del Rey (guitarra), José Sierra Pérez (musicoloxía), Carmen Cruz_Simó (polifonía) e Josep_María_Colom e Patrín Gracía-Barredo (piano).

roslev