Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cinco días de cine na “V Mostra do Audiovisual e Cinema” presentado onte no Museo por “MaC Marín”

Carriola.Redacción.07.08.26 

A Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín (MAC MARÍN) presentou onte a programación da súa quinta edición nun acto celebrado no Museo Manuel Torres, no que tamén se anunciou un dos fitos importantes acadados pola organización do festival: a súa incorporación á marca Rías Baixas Film Fest, converténdose así nun dos sete festivais audiovisuais de referencia da provincia de Pontevedra que integran esta rede promovida pola Deputación de Pontevedra.

O acto no que se indicou que  AMAC MARÍN incorpórase á marca Rías Baixas Film Fest e convértese nun dos sete festivais audiovisuais de referencia da provincia de Pontevedra, contou coa participación do director do festival,

Dani Antelo, acompañado por parte do equipo de produción, o xurado desta edición —integrado pola actriz Uxía Blanco, o director Severiano Casalderrey e o escritor Adolfo Caamaño xunto coa concelleira de Cultura do Concello de Marín, Itziar Álvarez.

Do 18 ao 22 de agosto, Marín volverá convertersenun punto de encontro para o audiovisual cun festival que continúa medrando en contidos, participación e proxección internacional. Ao longo de cinco días, a MAC MARÍN ofrecerá unha programación heteroxénea e multidisciplinar que combinará cinema, series, ficción sonora, encontros profesionais, formación, divulgación e actividades para todos os públicos.

Un dos grandes atractivos desta edición será a área profesional de mercado e produción, concibida como un foro de encontro entre cineastas, produtoras, distribuidoras, institucións e espazos de rodaxe. Neste contexto, o delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo presentará o Hub Audiovisual de Vigo, unha iniciativa estratéxica chamada a converterse nun dos principais motores do sector audiovisual galego. A súa presenza no MAC MARÍN permitirá achegar este proxecto a profesionais, estudantes e creadores emerxentes, favorecendo a creación de sinerxías, a captación de novas producións e a conexión entre o ámbito formativo e a industria audiovisual.

O talento marinense preente na mostra

Outro dos sinais de identidade desta quinta edición será a destacada presenza do talento marinense. Ata catro obras de cineastas da vila formarán parte da programación oficial: as longametraxes As liñas descontinuas, de Anxos Fazánse Así chegou a noite, de Ángel Santos; as curtas Cousa Mala de Gero Costas e Furancho Bota Viño creada por Elena Gallego e Mayka Braña.Cada unha delas contará cunha proxección específica ao longo do festival, remarcando o rol da MAC MARÍN como espazo visibilizador dacreación audiovisual local.

Á selección de longametraxes súmanse tamén o documental Serê Kaniyê,do realizador galego Olmo Couto, e Fomos Ficando Sós, de Adrián Canoura,e Aunque seamos islas, da

realizadoraasturiana Cristina Ridríguez, ampliando o catálogoda sección Filmes Atlánticos.

Actividades complementarias

A programación completarase con charlas e encontros protagonizados polos creadores de contido Rogelio Santos Queiruga, Nuska Chousae Iván Pérez, de Savia Nova, que compartirán co público, unha vez máis,a súa experiencia nos ámbitos da divulgación e a creación de contidos, así comounha sesión infantil adicada aos máis pequenoscunha selecciónde producciónsanimadas e de imaxe real.

Compoñetes da mesa de presentación do festival

Entre outrosobxectivos acadados nesta edición destaca o importante crecemento da sección Cinema Xove, que contou cunha destacable participación de escolas de cinema e facultades de comunicación de Galicia e de diferentes países. A estefito súmase o éxito da recentemente creada sección de Ficción Sonora, que xa se converteu na terceira categoría con maior número de obras inscritas, cunha participación de produciónsprovinte,a maior parte delas,do circuitoAudio Fiction World Cup, que xunto ás participantes docircuitoWeb Series World Cup,forman parteda secciónNovos Medios do festival.

O programa completo pódeseconsultare descargarse na páxina web www.mac-marin.com, así como a través do perfil oficial de Instagram @_macmarin_, onde tamén se irán anunciando todas as novidades desta quinta edición;entre elas, toda aselección oficial das diferentes seccións e categorías, quedarase a coñecer progresivamente ao longo desta fin de semana a través das canles oficiais do festival.

A maior parte das actividades e proxeccións serán de acceso gratuíto.

Os pases especiais e determinadas actividades como o obradoirocon Nuska Chousaterán un prezo de entre 5 e6 euros.

As entradas estarán dispoñibles na páxina web do festival a partir deste luns e poderán adquirirse tanto de forma individual como mediante bonos, cun prezo máis vantaxoso.

No caso das proxeccións nocturnas, programadas a partir das 21.00 horasnos distintos espazos habilitados; Finca de Briz, Parque Azul, Auditorio Municipal e Hotel Villa de Marín,tamén será posible adquirir as entradas directamente na taquilla ata quince minutos antes do inicio de cada sesión.

Para calquera consulta ou información adicional pódese contactar coa organización a través do correo electrónico info@mac-marin.com.

CADRO COMPLETO DE ACTIVIDADES

 MARTES · 18 de agosto

* Pola MAÑÁ Hora

Lugar

Actividade

10:30 h

Museo Manuel Torres

Charla inaugural · Presente e futuro do MAC MARÍN – Marín de Cine Club Audiovisual

11:00 h

Museo Manuel Torres

Joel Bassaget · Circuito Internacional de Webseries

12:00 h

Museo Manuel Torres

Independent Production Fund (IPF) · Financiando Webseries

12:30 h

Museo Manuel Torres

Hub Audiovisual de Vigo · David Regades (Delegado Especial do Estado – Consorcio Zona Franca de Vigo)

 

 * Pola TARDE Hora

Lugar

Actividade

17:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Proxección de Webseries

19:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Proxección Cinema Xove

 

 MÉRCORES · 19 de agosto

* Pola MAÑÁ Hora 

Lugar

Actividade

10:30 h

Ateneo Santa Cecilia

Exposición LUMES

11:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Proxección Galicia Non Arde

11:30 h

Ateneo Santa Cecilia

Savia Nova · Iván Pérez

12:00 h

Ateneo Santa Cecilia

DATADISTA · Xornalismo de Datos

* Pola TARDE Hora

Lugar

Actividade

17:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Proxección de Webseries

19:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Proxección Atlánticas

20:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Proxección Outras Miradas

XOVES · 20 de agosto

* Pola MAÑÁ Hora

Lugar

Actividade

11:00 h

Museo Manuel Torres

Intelixencia Artificial: a favor ou en contra? · Mateo Prio

12:00 h

Museo Manuel Torres

Obradoiro O Coidado da Horta · Nuska Chousa

13:30 h

Museo Manuel Torres

Charla Territorio · Leonor de la Puente

* Pola TARDE Hora 

Lugar

Actividade

17:00 h

Hotel Villa de Marín

Proxección Atlánticas

19:00 h

Hotel Villa de Marín

Proxección Outras Miradas

* Pola NOITE Hora 

Lugar

Actividade

21:00 h

Parque Azul

Charla Produción Independente

21:30 h

Parque Azul

Proxección Mon Autre Maman · Fon Cortizo

22:00 h

Parque Azul

Proxección Aunque VENRES · 21 de agosto Seamos Islas

* Pola MAÑÁ Hora

Lugar

Actividade

11:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Charla · Rogelio Santos Queiruga

12:00 h

Ateneo Santa Cecilia

Sesión Infantil

* Pola TARDE Hora 

Lugar

Actividade

17:00 h

Hotel Villa de Marín

Proxección Atlánticas

19:00 h

Hotel Villa de Marín

Proxección Outras Miradas

* Pola NOITE Hora 

Lugar

Actividade

21:00 h

(Lugar por confirmar)

Proxección O Corpo de Cristo

21:30 h

(Lugar por confirmar)

Proxección Así Chegou a Noite

SÁBADO · 22 de agosto

* Pola MAÑÁ Hora

Lugar

Actividade

 

12:30 h

Hotel Villa de Marín

Proxección Soñé su Nombre

 

* Pola TARDE Hora

Lugar

Actividade

 

17:30 h

Hotel Villa de Marín

Proxección Sere Kaniye

 

* Pola NOITE Hora

Lugar

Actividade

 

19:00h

Gala de Clausura

Recollida gratuíta de entradas (con inscrición previa ou recollida de pase)("Apertura de taquilla")

 

20:00 h

Gala de Clausura

Alfombra Vermella

 

21:00 h

Gala de Clausura

Entrega de Premios

 

23:00 h

A Bailona

Festa de Clausura

 
roslev