Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: Peligro na “Praia dos Namorados”

Carriola.13.01.26.

julio@carriola.es.

Un muro leva meses derrubado na Praia de Mingotes coñecida como “Dos Namorados”

 

Pedro Cortegoso Gago

Fai uns meses produciuse un desprendemento dun muro na Praia de Mingotes, máis coñecida como de "Os Namorados". As mareas traballaron contra as pedras que finalmente foron cedendo. Ante este feito o Concello de Marín limitouse a mandar á Policía Local que procedeu a colocar cintas delimitando a zona afectada.

Son as mesmas cintas que colocan no casco urbano cando hai un desprendemento nunha das numerosas edificacións que temos en ruínas, e que levan así moitos anos sen que se faga cumprir a legalidade urbanística.

Aínda que a competencia para dar permisos para facer ou reparar nestas zonas son exclusivas da Xunta, o Concello de Marín ten unhas competencias moi claras cando un muro ameaza ruína ou é un perigo para os usuarios da praia. Debe esixir ao propietario ou propietarios a súa reparación inmediata, xa que son os responsábeis do mantemento e teñen a obriga legal de proceder a súa reparación.

Ademais, cando un muro privado invade a area da praia está invadindo o Dominio Público Marítimo-Terrestre, o que podería dar lugar a sancións por ocupación ilegal dun espazo público.

O mesmo acontece cunha

porta que se abre cara á praia desde ese muro, porque legalmente ten que abrirse cara o interior da propiedade privada. Estamos tamén ante outra ilegalidade como recolle a Lei de Costas e a normativa galega, xa que se estaría invadindo temporalmente un espazo público.

Non hai constancia, como ven sendo habitual no concello de Marín, de que se tomaran máis medidas para protexer a legalidade urbanística e o espazo público. Foi requirido o propietario ou propietarios do muro para, conforme a legalidade vixente, actuar para retirar as pedras e consolidar a estrutura do muro? Foi notificada a Xunta, a administración competente para a xestión e autorización de actuacións no Dominio Público Marítimo-Terrestre?

Estamos ante un novo exemplo do desleixo urbanístico no Concello de Marín. Na praia aconteceu o mesmo que no casco urbano, colocaron as cintas e alí as deixaron por tempo indefinido sen que se producise ningunha actuación. Se en Marín seguen as casas abandonadas e a medio facer, na praia as pedras seguen enriba da area e o muro ameazando con seguir caendo. Unha imaxe lamentábel que poden apreciar todas as persoas usuarias desta fermosa praia.

roslev