Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello anuncia a obra de rehabilitación do firme en Arealonga que será financiada con fondos autonómicos

Carriola.CdM.20.08.26 

Coarenta e seis mil será a inversión que se vai facer en Arealonga para reahabilitar o firme da pista, obra que se financia con fondos autonómicos contidos no “Plan Camiña Rural” o que mellorarà sustancialmente a comunicaión de dita zona

O mantemento das vías rurais é unha das prioridades de inversión nas parroquias que ten o Concello de Marín, debido á importancia que teñen estas infraestruturas de tráfico para vertebrar o territorio e dar servizos de mobilidade á veciñanza dos núcleos.

Nese contexto, realizarase a mellora integral da estrada que dá acceso a Arealonga, na parroquia de San Xulián, cunha inversión de 46.246 euros, con cargo ao Plan Camiña Rural da Xunta de Galicia. Rehabilitación e ampliación do firme a mellora do drenaxe da plataforma da vía, que ata agora está afectada por infiltracións tanto do talud como de escorrentías das parcelas colindantes, o que foi deteriorando cada vez máis a estrutura.

Mellora sustancial da pista

Renovaranse todas as capas de rodadura e trataranse de aproveitar ao máximo os sobrenachos; renovarase tamén a sinalización horizontal mediante o pintado de marcas de seguridade e a sinalización vertical. Búscase tamén que esta vía, agora infrautilizada pola seu mal estado, sexa unha alternativa segura e funcional para o acceso ao núcleo de Arealonga desde a Variante VG 4.4 e desde a estrada EP-0019 Figueirido-Marín e a obra terá un prazo de execución calculado no proxecto de dous meses desde que se empezan os traballos.

roslev