Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A mostra “Cianotipias” inicia o venres unha nova temporada de exposicións no Ateneo Santa Cecilia

Carriola.A.S.C. 02.09.26

julio@carriola.es

O vindeiro venres 4 de setembro, ás 20:00 h, na sede do Ateneo Santa Cecilia comeza a nova temporada de exposicións coa inauguración de “Cianotipias” de Santiago Leal Casás cun acto de inauguración de entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do local. 

SOBRE A EXPOSICIÓN:

Esta exposición está baseada na técnica de carácter artesanal da cianotipia. A base da mostra está dedicada a motivos vexetais aos que se engade o seu nome científico. Tamén se amosan outras obras de carácter máis experimental.

O método da cianotipia, segundo explica o autor da exposición, baséase en varios pasos, primeiro debemos elixir o soporte sobre o que queremos realizar a cianotipia. Pode ser papel, tea, madeira, cerámica, pedra, coiro…Logo o motivo que desexamos mostrar. No meu caso elixín fotografías en branco e negro e como soporte, papel. Ás fotografías hai que darlles algo de contraste, facer un negativo desa foto e imprimir en acetato. O seguinte paso é darlle ao papel un líquido baseado na mestura de dous produtos químicos, metade e metade. Isto hai que facelo nunha zona onde non entre a luz do sol. Deixaríase secar e, unha vez seco, ponse o negativo sobre o papel e expoñerase ao sol uns tres minutos, intentando que lle dea a luz dunha forma perpendicular. Pasados eses tres minutos, métese o papel a unha zona sen luz solar, e limparase o papel con varios baños de auga. Unha vez limpado con auga só queda poñelo a secar e xa estaría nosa cianotipia terminada.

Un artista marinense

Nado en Marín en 1966, Santiago Leal estudou Imaxe e Son na Coruña. En 1993 foi proxeccionista de cine, percorrendo moitos pobos de Galicia. Traballou en Radiotelevisión Compostela (1995) e na produtora CTV (1996-2004), onde estivo en títulos tan populares como Pratos Combinados, Supermartes, Buscamos unha estrela, Toda unha vida, Pequeno Hotel, A noite en branco, Pepe o inglés, O Rei da comedia. Formou parte do equipo organizador das VIIas Xornadas internacionais de vídeo-Monográfico sobre infografía, en 1991, levadas a cabo polo Ateneo Santa Cecilia. Nestas xornadas realizouse unha das primeiras demostracións feitas en España de Televisión de Alta Definición, e participaron persoas de referencia, como Gustavo Martínez Schmidt, realizador do programa Metrópolis de TVE. É afeccionado desde hai moito tempo a diversas expresións artísticas, como la fotografía ou a pintura, entre outras.

A exposición estará aberta ao público no Ateneo do 4 ao 18 de setembro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h.

roslev