Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca a segunda Edición do concurso audiovisual “Ano Manuel Torres”

Carriola.A.S.C. 11.09.26

julio@carriola.es

Tras o éxito da primeira convocatoria, o Ateneo Santa Cecilia volve apostar polo cine e celebra a II edición do seu concurso audiovisual, dedicado este ano a Manuel Torres co obxectivo de poñer en valor o legado do artista marinense e reivindicar a súa importancia histórica e fundamental na cultura do municipio.

O certame está dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Marín, que poderá participar de xeito individual ou en grupo. Admítense calquera dos seguintes formatos creativos: curtametraxes, representacións teatrais, monólogos, sketches, animacións, vídeos do proceso de creación duns carteis ou collages... coa única condición de que a temática xire arredor da figura ou obra de Manuel Torres. As pezas deben ter unha duración de entre 3 e 5 minutos, presentar formato MP4 e poden ser gravadas con cámara de vídeo, teléfono móbil ou calquera outro dispositivo.

O Prazo de entrega pecharase o venres 13 de novembro ás 20:00 horas e, as vías de presentación:

* Correo electrónico: ateneosantacecilia@gmail.com

* Presencial: Na sede do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno, 42 – baixo), de luns a venres de 18:00 a 20:30 horas.

O fallo do xurado, a proxección de todas as pezas participantes e a entrega de premios terán lugar o xoves 26 de novembro ás 19:00 horas no auditorio do IES Illa de Tambo.

roslev