Carriola.A.S.C..20.09.26
julio@carriola.es
O vindeiro venres 25 de setembro, ás 20:00 h, na sede do Ateneo Santa Cecilia damos a benvida ao outono coa inauguración de «Arte e Sensibilidade» da Asociación ALBA. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local.
Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora o vindeiro 10 de outubro baixo o lema «Fai match coa túa saúde mental», a Asociación ALBA convida á cidadanía a achegarse a «Arte e Sensibilidade», unha exposición de pezas elaboradas polas persoas usuarias nos obradoiros da asociación. Unha mostra de creatividade, expresión e encontro coa comunidade que nos lembra a importancia de conectar coa nosa saúde mental, escoitar o que sentimos e compartilo cos demais.
A exposición estará aberta ao público no Ateneo do 25 de setembro ao 12 de outubro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h.