Carriola.Redacción.25.09.26
julio@carriola.es
A proba foi presentada onte no Concello polo representante do club Tambo, Luis Pesqueira, a quen acompañaba o concelleiro de deportes, Antonio Traba ereunirá a 184 piragüistas e 25 clubs de toda Galicia en dous percorridos pola ría.
A dársena portuaria e o Paseo Alcalde Blanco do Concello de Marín acollerá este sábado a 3ª Regata da Liga de Caiac de Mar, unha cita que nesta ocasión revístese dun cariz moi emotivo ao celebrarse como o “I Memorial Crisanto-Gil”.
Esta edición nace como un recoñecemento á figura de Crisanto Gil, fundador do club local, falecido mentres adestraba. A iniciativa xurdiu a petición dun dos seus netos para renderlle homenaxe, unha proposta á que o club se sumou de inmediato.
Máis de 180 piragüistas e dous percorridos pola ría
A competición contará coa participación de 184 piragüistas inscritos pertencentes a 25 clubs de toda Galicia. A proba medirá a deportistas desde a categoría cadete ata veteranos, tanto en modalidades masculinas, femininas e mixtas.
As categorías xuvenil e de adultos en adelante farán un percorrido de 10 quilómetros a partir das 15.30h, saíndo de Aguete, facendo parada na Illa de Tambo e finalizando no noso Paseo Marítimo. Ás 17.30h, será o momento dos cadetes, cuio traxecto será de 5 quilómetros.