Carriola. Psoe Marín. 10.10.2026
Para Manuel Pazos, portavoz del PSOE de Marín: “ A nosa proposta ten como obxectivo combater a soidade non desexada, un problema máis grave do que ás veces percibimos e que causa un enorme sufrimento a moitas persoas. Foi necesario ceder nalgunhas das nosas peticións para acadar un apoio unánime, pero estamos satisfeitos de que fose posible chegar a un acordo e sacar adiante unha iniciativa que pon as persoas no centro da acción política”.
Os socialistas destacan a importancia de que se comece a dar os primeiros pasos para impulsar unha rede comunitaria de apoio, con acompañamento veciñal, asesoramento profesional e participación social, para mellorar a calidade de vida das persoas que sofren illamento.
O Grupo Municipal Socialista de Marín amosa a súa satisfacción pola boa acollida da sua iniciativa “Marín Acompaña”, unha proposta destinada a combater a soidade non desexada no municipio mediante a creación dunha rede comunitaria de apoio estable, coordinada e con asesoramento profesional, e que comezará cun diagnóstico da situación que analice a situación e Marín, propoña as mellores a accións a impulsar e calcule o custe das mesmas.
A moción presentada polo PSOE parte dunha realidade preocupante: a soidade non desexada non é un problema individual nin unha circunstancia que deba asumirse como inevitable, senón un reto social que chega a alcanzar ao 20% da poboación e que require unha resposta organizada desde as institucións e coa implicación de toda a comunidade.
Para Manuel Pazos, voceiro do PSdeG: “"Marín Acompaña” pretende ir moito máis alá de actuacións puntuais, apostando por un programa planificado que permita identificar persoas en situación de risco, favorecer relacións sociais estables e promover a participación comunitaria."
Para iso, a iniciativa propón contar co asesoramento de profesionais especializados, crear unha rede de colaboración con farmacias, centros de saúde, servizos sociais