Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Esther Estévez e Estrelín poñerán este sábado o broche final á campaña "qué é un comercio" de Estrela de Marín

Carriola. Redacción. 15.10.2026

A programación culminará coa representación de “A nena que quería navegar”, de Redrum Teatro, nun acto para público familiar que chega tras o éxito da actividade educativa celebrada este mércores con centos de escolares de Marín

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín celebrará este sábado 17 de outubro o acto final da campaña extraordinaria “Que é un comercio”, cunha programación especial no Auditorio Municipal de Marín que combinará divulgación, dinamización, música e teatro familiar. A partir das 18:30 horas, a presentadora Esther Estévez será a encargada de conducir, xunto a Estrelín, unha dinámica de peche na que se repasarán algunhas das principais mensaxes e accións desenvolvidas durante a campaña.

Ás 19:00 horas dará comezo a representación de “A nena que quería navegar”, de Redrum Teatro, unha proposta para público familiar arredor dos soños, a autoestima, a confianza, o respecto á diversidade e a importancia de sentirse acompañado. A conexión coa obra non é casual. A campaña “Que é un comercio” emprega como un dos seus eixos o lema “O comercio que navega contigo”, incidindo na idea de que o comercio de proximidade acompaña ás persoas nas distintas etapas da súa vida e forma parte da identidade e da comunidade dunha vila. Durante a dinámica previa tamén terá presenza o tema musical propio de Estrelín, creado especificamente no marco da campaña. As localidades para a actividade son gratuítas con reserva previa e aínda quedan entradas dispoñibles para as familias que desexen asistir.

Éxito da actividade educativa con escolares

O acto final chega despois da excelente acollida da actividade educativa celebrada este mércores 14 de outubro no propio Auditorio Municipal. Centos de nenos e nenas dos centros CEIP A Laxe, CEIP do Carballal, CEIP O Sequelo e Escola de Educación Infantil O Grupo participaron nunencontro especialmente  deseñado para achegar á rapazada o significado e os valores do comercio local.

As imaxes da xornada amosan un Auditorio cheo de alumnado e unha elevada participación durante as diferentes dinámicas desenvolvidas no escenario, nas que Estrelín se converteu nun dos grandes protagonistas.

O acto contou tamén coa presenza do Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, da Alcaldesa de Marín, do Presidente do
CCA Estrela de Marín e de representantes dos centros educativos
participantes.

A través de xogos, preguntas, intervencións da mascota e exemplos prácticos, traballáronse conceptos como proximidade, confianza, comunidade, identidade e economía local.

A rapazada puido descubrir que un comercio non é unicamente un lugar no
que se mercan produtos ou se contratan servizos, senón que detrás de
cada establecemento hai persoas, emprego, coñecemento, atención e unha
relación directa coa vida da vila.

A actividade incluíu tamén a participación de escolares no
escenario, a presentación do tema musical “Estrelín” e a entrega
final do coloreable oficial da campaña a todos os nenos e nenas
asistentes.

UNHA CAMPAÑA PARA POÑER PERSOAS DETRÁS DOS ESCAPARATES

“Que é un comercio” foi concibida como unha campaña extraordinaria para trasladar á cidadanía unha visión máis ampla do comercio de
proximidade. Ao longo das últimas semanas desenvolvéronse accións educativas, escaparates con mensaxe, propostas de fidelización, materiais
divulgativos, merchandising, música e actividades presenciais destinadas a reforzar a relación entre comercio, familias e comunidade.


Un dos elementos máis visibles foi a incorporación de Estrelín en
formato corpóreo, permitindo que a mascota de Estrela de Marín se
convertese nun novo vínculo coa infancia e nunha ferramenta para
transmitir os valores do comercio local dun xeito próximo e
comprensible.

A campaña está promovida polo CCA Estrela de Marín, co apoio da
Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e
coa colaboración do Concello de Marín.

Co acto deste sábado, Estrela de Marín porá o peche a varias semanas
de actividades cunha mensaxe común:

Detrás de cada comercio hai persoas, historias e unha vila que segue
navegando.

ACTO FINAL “QUE É UN COMERCIO”

Sábado 17 de outubro
Auditorio Municipal de Marín
18:30 h · Esther Estévez + Estrelín
19:00 h · “A nena que quería navegar” · Redrum Teatro
Entrada gratuíta con reserva previa

roslev