Carriola.Redacción.30.10.26
Hoxe venres 30 de outubro, ás 19:00 h, na sede do Ateneo Santa Cecilia inaugúrase a mostra “MARIE E ANTOINE A CATRO MANS” DE MARIE CALVIÑO E ANTÓN SOBRAL con acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade do local.
A exposición estará aberta ao público no Ateneo ata o 11 de novembro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h e segundo a referecia artística que remite o propio Ateneo Santa Cecilia, “MARIE E ANTOINE A CATRO MANS é o resultado da colaboración entre dous artistas, Marie Calviño e Antón Sobral, que decidiron pintar os cadros a catro mans; é dicir, obras creadas a medias. A exposición reflicte a confrontación e o diálogo de dous creadores que parten duna profunda interconexión conceptual para realizar obras cun coidadoso proceso de abstracción”.
Marie Calviño ten 16 anos. É filla de Iria Sobrino, doutora arquitecta e urbanista de gran prestixio en Galicia, e de Rai Calviño, un dos deseñadores e editores máis relevantes da comunidade autónoma, quen dende o ano 1983 desenvolve o seu traballo en múltiples eidos da cultura galega. Loxicamente, Marie une ao seu traballo como artista plástica unha educación exquisita, na que sabe entresacar o mellor duns pais sempre preocupados pola formación estética desta artista emerxente.
Pola súa banda, Antón Sobral non oculta os seus 74 anos, nos que, dende os 16, leva desenvolvendo unha intensa traxectoria na pintura, na fotografía, na poesía e na introdución en Galicia do movemento de Arte e Natureza. Realizou máis de trescentas exposicións en todo o mundo (Nova York, Viena, Milán, París, A Habana, Passau…) e mantén unha gran amizade coa nai e o pai de Marie.
Esta é unha boa ocasion para desfrutar dunha mostra pictórica que recolle os estilos de dous artistas moi distantes no que se refire ao tempo pero sí cercanos na plasticidade y mérito artístico das súas respectivs obras.