Carriola.A.S.C..02.11.26
O Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de convidar a todo o público á representación da obra de teatro "Merenda no campo", unha adaptación do libro “Picnic” de Fernando Arrabal, a cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior baixo a dirección de Salvador Álvarez Ledesma.
A función terá lugar o vindeiro venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos do IES Illa de Tambo de Marín. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.
A Obra
O título orixinal é “Picnic”, obra escrita en 1952 con moitas versións do propio autor e publicada en 1961 nunha escolma teatral de Fernando Arrabal.
Segundo indica a “A.C. Fonte da Tella”, “Trátase dun claro argumento contra a guerra que se pode englobar no teatro do absurdo. Unha das obras máis representadas en todo o mundo —e quizais a máis emblemática do seu autor— é un berro contra o fracaso inherente que supoñen as guerras. Hoxe, máis e peor que nunca, hai quen se empeña en seguir asolando o mundo coa complicidade silenciosa da sociedade. Non se pode mirar cara a outro lado. Por iso: guerras nunca máis.”
Elenco de artistas
Salvador Álvarez Ledesma ……........Zapo
Suso……………….........Zepo
Nuria Vidal...........................................Sra. Tepán
Carlos Cerviño Ogando …….......… Sr. Tepán
Marisol Blanco Luna........................1ª enfermeira
Operadora de luz e son....................Senén
Montaxe.........................................Fonte da Tella
Programación para o resto do mes de novembro
Sendo este un mes importantísimo pola celebración do setenta e catro aniversario da “Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia”, hoxe “Ateneo” co mesmo nome, a programación de actividades para ese mes é verdadeiramente especial como queda refrexado no seguinte cadro:
