Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Unha exposición de cerámica castrexa no Museo Torres reúne pezas de trinta xacementos arqueolóxicos galegos

Carriola.CdM.04.11.26

julio@carriola.es

O Museo Municipal Manuel Torres acolle a exposición «A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación», mostra que permite achegarse á cultura material dos antigos habitantes dos castros galegos a través dunha colección de reproducións de pezas cerámicas procedentes de 30 xacementos arqueolóxicos de toda Galicia.

A mostra, que inclúe unha reprodución dunha peza do Castro da Subidá, poderá visitarse ata o 30 de novembro celebrándose mañá xoves,  ás 19.30 horas unha conferencia con dúas especialistas na investigación e recuperación deste patrimonio, seguida dunha visita guiada.

A exposición chega a Marín da man da Fundación Terra Termarum Castrolandín, no marco do programa Trazas de Pontevedra, impulsado pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas, e poderá visitarse ata o próximo 30 de novembro.

Presencia da Subidá nun proxecto nacido no 2005

Entre as pezas expostas atópase unha reprodución procedente do Castro da Subidá, o que permite establecer unha conexión directa entre o patrimonio arqueolóxico marinense e o conxunto da cultura castrexa de Galicia.

A orixe desta exposición remóntase ao ano 2005, cando a Fundación Terra Termarum Castrolandín iniciou un proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa a partir dos restos atopados nas escavacións arqueolóxicas do Castro de Castrolandín, en Cuntis.

O obxectivo inicial era estudar as técnicas, formas, decoracións e procesos de elaboración das pezas cerámicas empregadas durante a Idade do Ferro, para poder reproducilas mediante técnicas de arqueoloxía experimental.

En 2011, o proxecto ampliou o seu ámbito de estudo ao conxunto de Galicia, dando lugar a unha investigación que permitiu recuperar unha colección representativa da cerámica dos principais asentamentos castrexos da comunidade. A mostra, que inicialmente abranguía pezas de 24 xacementos, foi incorporando novos exemplos ata reunir reproducións procedentes de 30 enclaves arqueolóxicos.

Conferencia mañá xoves 

Como parte da programación complementaria, este xoves, 5 de novembro, ás 19.30 horas, o Museo Torres acollerá unha conferencia protagonizada por dúas especialistas vinculadas á investigación e divulgación deste patrimonio.

Por unha banda, intervirá Mar Cortegoso Comesaña, arqueóloga e autora da memoria do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa en Galicia desenvolvido en 2011, que afondará na orixe, evolución e resultados deste traballo, así como no proceso de recuperación das pezas arqueolóxicas.

Xunto a ela participará Elena Cabrejas Domínguez, arqueóloga, técnica de investigación e xestora de transferencia do coñecemento do Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A súa intervención centrarase na recente inscrición dunha marca vinculada á cerámica castrexa, unha iniciativa que busca contribuír á súa visibilización, recoñecemento e posta en valor, favorecendo a transferencia do coñecemento científico á sociedade.

Ao remate da charla celebrarase unha visita guiada á exposición, que permitirá descubrir con maior detalle as características das pezas e os procesos empregados para a súa reprodución.

roslev