Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Beiras Vivir dúas veces” título do documental que hoxe presenta o Cine Club Marín na Biblioteca Vidal Pazos

Carriola.CC.M.12.11.26

julio@carriola.es

A Asociación Marín de Cine, a través do Cineclub Marín, celebra hoxe, xoves 12 de novembro, unha nova sesión da súa programación mensual coa proxección de Beiras. Vivir 2 veces, un documental dirixido por Pepe Coira, Gaspar Broullón e Jorge Coira, producido en 2021 e cunha duración de 70 minutos.

A proxección terá lugar ás 20:30 horas na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos e contará coa participación presencial de Gaspar Broullón, un dos codirectores da película, que acompañará ao público nun encontro posterior á exhibición.

SOBRE O DOCUMENTAL

“Beiras. Vivir 2 veces” propón un retrato de Xosé Manuel Beiras a través dos lugares que marcaron a súa vida, das imaxes máis representativas da súa traxectoria e das conversas con persoas próximas ao seu percorrido persoal, intelectual e político.

Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro e ensaísta, Beiras aparece no documental desde múltiples perspectivas. A película percorre oito décadas da súa vida e aborda cuestións que van desde a arte ata a política, a cultura e o ámbito persoal. Máis que un retrato convencional, a obra constrúe unha conversa co propio protagonista e coa Galicia contemporánea.

GASPAR BROULLÓN, UN CINEASTA VINCULADO A MARÍN

A sesión conta coa presenza de

Gaspar Broullón, realizador, montador e produtor audiovisual, cunha ampla traxectoria no ámbito cinematográfico e televisivo galego.

É cofundador da produtora Ollo Vivo, xunto a Jorge Coira e Pepe Coira desde onde participa en diferentes proxectos de ficción e documental. Como montador, desenvolveu parte importante do seu traballo en producións audiovisuais de referencia, entre elas as series Hierro e Rapa, polas que recibiu o Mestre Mateo á mellor montaxe. 

A súa actividade profesional abrangue igualmente a produción, a realización e a docencia universitaria, combinando diferentes facetas do traballo audiovisual.

Gaspar Broullón é, ademais, un cineasta especialmente querido en Marín, onde mantén un estreito vínculo familiar coa vila e, particularmente, coa parroquia de Seixo. A súa presenza nesta sesión supón tamén unha oportunidade para o encontro co público marinense e para compartir de primeira man a experiencia e o proceso creativo detrás dunha produción na que participa como director.

DATOS DA SESIÓN

Filme: Beiras. Vivir 2 veces

Dirección: Pepe Coira, Gaspar Broullón e Jorge Coira

Ano de produción: 2021

Duración: 70 minutos

Data: Hoxe, xoves 12 de novembro

Hora: 20:30 h

Lugar: Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos (Marín)

Participación presencial: Gaspar Broullón, codirector.

Organiza: Asociación Marín de Cine – Cineclub Marín.

 

roslev