Carriola.Consll.dIg..13.11.26
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, acompañada do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e da directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría, visitou o persoal do Centro de Información á Muller (CIM) de Marín.
Durante o encontro, destacou o carácter próximo destes recursos que son esenciais para a prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero e, neste sentido, explicou que os CIM son imprescindibles xa que “moitas veces son a primeira porta á que acoden ás vítimas de violencia machista”, onde recibirá atención, asesoramento e acompañamento de profesionais; polo que, trasladou o agradecemento do Executivo galego a todo o persoal destes recursos polo seu labor fundamental.

O CIM de Marín
No ano 2025 este recurso atendeu a máis de 200 persoas e desde o inicio deste ano prestou atención a preto de 160 usuarios, que se achegaron para recibir información e asesoramento acerca de igualdade e de prevención e detección de situacións de violencia contra as muileres. Este departamento recibiu 52.000 euros de axudas tanto en 2025 como en 2026 no marco do Programa de apoio aos CIM, dotado este ano con máis de 5M € para os 84 centros da comunidade. Con esta achega, no CIM de Marín cofinanciáronse os postos de asesoramento xurídico, asesoramento psicolóxico e axente de dinamización do centro.