Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Casa de Cultura de San Xulián acolle hoxe unha importante asemblea da Asociación Veciñal

Carriola.AVSX.15.11.26

julio@carriola.es 

Tras un ano de intenso traballo, a Asociación Veciñal de San Xulián, fará balance das xestións realizadas, dos avances conseguidos e dos novos obxectivos para 2027 na súa segunda asemblea que se celebrará hoxe domingo 15 de novembro, na Casa Cultural da parroquia, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria no caso de que na primeira non se reúna quorum suficiente.

Despois dun ano de intenso traballo e numerosas xestións ante as distintas administracións, a asociación fará balance das demandas veciñais, dos avances conseguidos e dos asuntos que continúan pendentes de solución, especialmente en materia de infraestruturas, seguridade viaria, mobilidade e mellora dos servizos da parroquia.

Outros temas a tratar

Durante o encontro tamén se informará da situación económica da asociación, das actividades sociais e culturais realizadas, dos cursos de formación promovidos e dos novos proxectos e obxectivos previstos para 2027.

A asociación destaca a importancia deste primeiro ano de actividade, no que se traballou para dar voz ás necesidades dos veciños e veciñas e trasladar as súas reivindicacións ás administracións competentes.

Desde a entidade anímase a todos/as os veciños e veciñas a asistir e participar, trasladando as súas preocupacións e propostas para continuar avanzando na mellora da parroquia.

roslev