Carriola.Redacción.16.11.26
O próximo día 22 de novembro, festividade de Sant Cecilia, cumpliranse 74 anos de ininterrompoida actividade no actual “Ateneo” que empezou denominándose “Asociación de Cultura y Arte Santa Cecilia” surdindo como unha ilusionante iniciativa cultural da man dun grupo de non menos ilusionados que a puxeron en marcha
Con motivo de dita celebración, o vindeiro venres, 20 de novembro, ás 20:00 h, terá lugar no salón de actos do IES Illa de Tambo de Marín o concerto de "Sul Ponticellas" e unha emotiva homenaxe ás persoas que forman parte do noso Ateneo polo seu incondicional e continuado apoio a marcha da entidade, acto que se leva a cabo todos os anos por estas datas
“Sul Ponticellas” é un cuarteto internacional de violonchelos
E o acto central da celebración será o vindeiro venres cando tamén se celebre un concerto a cargo do cuarteto internacional de violonchelos “Sul Ponticellas”, creado en marzo de 2025 polas intérpretes Lorena Yáñez, Jessica Gonçalves, Paula García e Verónica Valido. Grazas á súa ampla experiencia artística como integrantes de bandas municipais, agrupacións de cámara e orquestras sinfónicas, o cuarteto ofrece un repertorio moi variado que abarca desde obras clásicas e do repertorio operístico ata adaptacións e arranxos da música actual, con representación de estilos tan diversos como o tango, a balada, o pasodobre, o pop e o rock, entre moitos outros.
“Sul Ponticellas” ten ofrecido numerosos concertos polo territorio galego e estatal, así como múltiples actuacións en cerimonias, actos, eventos, sesións vermú... Ademais, foron entrevistadas en medios de comunicación como Radio Voz Coruña e La Voz de Galicia.
No concerto do próximo 20 de novembro farán mostra desta gran variedade de estilos que domina a formación, interpretando algunhas pezas clásicas moi coñecidas como Guillermo Tell, grandes éxitos internacionais do pop e rock como Mamma Mia ou Eye.of the Tiger e cancións que forman parte da vida de calquera persoa española como Mi gran noche.
O conerto que contèn o momento emotivo da homenaxe aos socios distinguidos este ano se
EXPOSICIÓN DE PINTURA “FACIANAS DA FAMA” DE LIDIA ALARCÓN

Por outra banda e dentro da programación especial do aniversario, vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 20:00h, terá lugar na sala do Ateneo Santa Cecilia a inauguración de “Facianas da fama”, a nova exposición pictórica de Lidia Alarcón Pazos, mostra estará aberta do 19 de novembro ao 3 de decembro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 horas.
Con “Facianas da fama”, Lidia amosa a súa habilidade para capturar a esencia, as emocións e as particularidades de recoñecidas figuras da música, do cine e das artes. Esta exposición dá continuidade á liña de retratos inaugurada pola artista o ano pasado no Ateneo con “Facianas de muller”, que obtivo unha excelente acollida por parte do público.
Lidia Alarcón unha artista afincada en Marín
Afincada en Marín desde hai 24 anos, Lidia define ben o que é unha artista todoterreo, cunha vea creativa que xurdiu na súa infancia. Á súa traxectoria como pintora autodidacta —que desenvolve entre o seu propio fogar e a formación en Céltica Marín ArteCultura— súmase agora unha nova inquietude: o seu recente contacto co mundo da música.