Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Lucía Freitas amadriña o proxecto “Feiro co Mar” dos Grupos de Acción local do sector Pesqueiro”

Carriola.GALP.25.11.26

julio@carriola.es  

Lucía Freitas amadriña o proxecto Feito co Mar dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro. A chef, recoñecida cunha estrela Michelin, participou na presentación do proxecto, orientado ao impulso do emprendemento a través da capacitación para a transformación e posta en valor do produto pesqueiro.

No evento participaron tamén o Director Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, 

José David Gómez Brandariz, que puxo en relevo a importancia de proxectos de cooperación como este para o sector, e

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, de quen depende o Obradoiro Dual de Emprego “Mar de Santiago V”, unha iniciativa en sintonía con Feito co Mar, e que ocupa o espazo onde tivo lugar o evento.

En representación dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) que, impulsan Feito co Mar, interveu Tamara Tilve Chan xerente do GALP Ártabro Norte, coordinador do proxecto, quen explicou que en 2027 se porán en marcha en varias localidades do litoral galego os Viveiros Formativos de Emprendemento, con programas orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación.

Lucía Freitas, madriña do proxecto A proposta de Lucía Freitas fundaméntase nos produtos locais de máxima calidade, a sustentabilidade e a relación directa coas mariscadoras e praceiras locais.

A súa presentación consistiu nunha degustación e demostración de cociña ao vivo baseada no reaproveitamento integral dun produto de descarte: a cabeza do rape.

Lucía Freitas é unha das chefs máis destacadas da gastronomía galega contemporánea. Á fronte do restaurante A Tafona en Santiago de Compostela, recoñecido cunha estrela Michelin, Freitas revolucionou a cociña de autor dende un profundo respecto polas raíces.

Un proxecto estratéxico para o sector pesqueiro 

Durante 2026, os GALP celebraron entrevistas co sector pesqueiro para detectar as súas necesidades e adaptar o programa ás particularidades de cada territorio. O sector é especialmente relevante en Feito co Mar, xa que o seu propósito principal é valorizar a actividade pesqueira e potenciar a remuda xeracional coa creación de novas empresas e o impulso de actividades económicas.

Outros beneficiarios do proxecto serán estudantes de formación profesional, programas municipais de emprendemento, asociacións empresariais e persoas desempregadas. 

O programa formativo

Este evento culmina unha intensa actividade de divulgación, con máis de vinte encontros informativos abertos ao público para presentar a proposta formativa, que conta con dous programas, un de iniciación e outro de profesionalización, pensados para capacitar de maneira práctica, facendo prototipado de propostas de produtos pesqueiros transformados e elaborados, e poñendo o foco en prácticas artesanais.

Nos diferentes módulos que se impartan nos cursos trataranse dende cuestións relacionadas coa normativa vixente, boas prácticas, técnicas ou procesos de elaboración axeitados, ata o envasado e etiquetado. Desenvolverase tamén un traballo de titorización dirixido a persoas e colectivos que, unha vez rematada a formación, precisen de apoio e asesoramento para facilitar a súa constitución como iniciativa de emprendemento. A responsable do programa formativo será 

Carme Freire, que forma parte de ‘Daquí darredor’, un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas.

A Rede de Espazos de Traballo Colaborativo

Para garantir o maior éxito das iniciativas das persoas que se acheguen aos Viveiros, facilitaranse claves para o emprendemento de maneira colaborativa. Por iso tamén se veñen realizando entrevistas e accións co sector e cos concellos do territorio para dinamizar a constitución de Espazos de Traballo Colaborativo enfocados á transformación de produto pesqueiro nos seus territorios.

Un proxecto dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro

Feito co Mar é unha iniciativa de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e está cofinanciada pola UE e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Seis son os GALPs participantes entre os que se atopa po da nosa Ría

roslev