Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Rebordondo, a terra de Benito Salgado, intenta recuperar o xenuino Entroido Galego e sobre esa idea vai a exposición que se mostra no Museo ata o día trece

Carriola.Redacción.26.02.22

Chegou o Entroido, por fin, e lamentablemente en Marín poucas cousas se farán do programa habitual polo conto da pandemia que leva dous anos facendo trizas calquera festa. Algo haberá pero pouca cousa e bo será si con elo se para este raio do virus que nos ven facendo tanto dano a todos. E, unha das cousas que sí hai é a exposición que Itziar Álvarez, a concelleira comisaria do Museo Torres, ven de montar atendendo á demanda de Benito Salgado, un marinense de adopción que veu e fundou a sua familia hay décadas e que procede do corazón mesmo da Galicia carnavaleira, onde o Entroido tiña e se por el é, ten e terá, verdadeiro sabor tradicional.

Benito propúxolle a Itziar a montaxe dunha mostra do entroido de Rebordondo, o seu pobo natal, que foi concello antes que Cualedro, onde se celebraba un Entroido do máis divertido e “galego” cen por cen, festa que foi esmorecendo e que está rexurdindo gracias ao esforzo duns poucos e a ilusión da xente nova que atende a recuperación das trasnadas que se facían daquela.

E Benito Salgado recompilou o material que, a súa familia foi gardando na casa ao longo dos anos, y liou aos seus compañeiros da asociación “Tregha”, ou sexa, aos “Saljariteiros” dos cantos de taberna, e alá foron a montar a mostra que sorprende pola singularidade do seu contido e que, xa nestes días, foi visitada por escolares como o será despois do Entroido propiamente dito porque a mostra ha de estar ata o día 13 de marzo.

Cigarróns, Peliqueiros, Pantallas na primeria sala

Explícanos Benito que ademáis dos costumes diferenciadores do entroido de Rebordondo e, en xeral, do entorno de Verín por todas aquelas aldeas, hay una figura común como é o dos Cigarróns que adoitan tamén os nomes de Peliqueiros ou Pantallas con poucas diferencias entre elas. “Di a tradición que estes personaxes eran cobradores de impostos e baixaban desde o Castillo de Monterrey co látigo e facendo ruido cos cencerros que arrodeaban a cintura para cobrar os foros á xente do entorno”- Engade tamén  “Por eso considérase que non é un disfraz, senon un traxe a vestimenta que levan e, a diferencia entre uns e outros é ben pouca, salvo que hai que di que uns son máis elegantes uns que outros ou que corren mellor...”. E, pola importancia que teñen, ocupan  a primeria sala da exposición onde se poden ver varios traxes completos e caretas orixinais..

O Castrón Meco

Outra parte da mostra adícase as lendas do “Castrón Meco” e Benito bota man da tradición que conta o seu irmán Primitivo Salgado que ten recollidas moitas “cousas” de tempos atrás relatadas polos vellos de Rebordondo. “Contaban os vellos - di Primitivo nunha publicación que recolle as súas historias do lugar - que nos montes da aldea  habitaba un animal de raza caprina que era un pouco misterio porque víranno poucos pero todos falaban da súa fiereza ainda que boa porque espantaba aos lobos en defensa dos rebaños. Eso sí, impoñía, ata o punto de que quen o miraba quedaba paralizado pola súia cornamenta enorme  coa que peneiraba nos lobos  como se fosen monecos. Tiña un ollo verde e outro branco e faltáballe unha orella e dahí o nome de Meco”. Tal era o respecto que se lle tiña al “Castrón Meco” que, o escudo do antigo Concello de Rebordondo ten a figura dun castrón e Primitivo pregúntase “Quen pode dicir que non é o noso Meco?”. O mesmo Primitivo conta que nunha ocasión un mozo da aldea, extraendo os tocóns dunha árbore para facer carbón, quitou unha das raíces cunha extraña figura e ademáis aseguraba que a arrincara dunha calivera. A levaba sobor do ombreiro e un vello que se cruzpou con el díxolle que era, nin máis nin menos que o Castrón Meco. Aquel mozo soltou a peza no chan e saiu correndo e dicindo que non quería saber nada de bruxerias daquelas. Primitivo colleu a raíz aquela e levouna para a súa casa.

O Castrón e outras falcatruadas do Entroido de Rebordondo

Benito Salgado conta que no seu intento de recuperar o Entroido de Rebordondo, él e algún máis convocaron aos veciños da aldea a facer unha cea de Entroido como noutros tempos e, cando xa “quentaban” os chuupitos, o seu irmán Primitivo ergueuse, marchou e volveu ao cabo dun tempo co Castrón Meco “vestido” ao lombo, do que tan só él na aldea se lembraba. Houbo que se arrepiou pero despois de pouco e coas gañas de festa que había, aquela figura convertiuse na raíña da festa e dalí decideuse sair pola aldea con cacharros bombos e o que houbese a man para espertar aos poucos que durmían e facelos partícipes da carnavaleira velada.

E xa foi imparable o desexo de recuperar o vello Entroido da aldea. Ao día seguinte decidiron ir buscar xabre e terra para remomorar aquel costume de emporcallar á xente con sarrio (lama) dos camiños que agora xa non hai coma daquela. Benito e Primitivo encheron unha bañeira daquela mestura e todos os da aldea fixeron a festa a base de poñerse perdidos uns a outros.

Todo termina en Rebordondo con el "Testamento do Burro" que también denominan "Comedias" que no es ora cosa que componer unas cuartetas con entonación a la que el propio Benito puso música y que sirven par reirse en buena forma de algunas cosas de las que pasan en el pueblo de un carnaval a otro.

Rebordondo tamén xunta á xente pola note nas datas de Entroido e vólvese facer aquela festa anterga cantando e facendo música e rimo co que haxa, latas, canas ou bombos. “Aquelo foise perdendo porque nas vilas grandes empezaron a levar grandes orchestras e a xente foi abandonando o entroido xenuino pero agora estamos empeñados en recuperalo aínda que nestes anos tivemos o problema da pandemia que nos impediu facer as cousas ben.

Recuperar as tradicións

Benito Salgado nos explica que “O importante é recuperar o entroido galego como era e como debería ser. Os desfiles e outras manifestacións que se fan sobre todo las cidades e nas vilas, están ben, pero non se debe deixar no olvido o que facían os nosos vellos. Por eso nós queremos recuperar o Entroido de Rebordondo e animar a todos os lugares de Galicia que fagan o que poidan para rescatar do olvido aquelas tradicións. E por eso nos animamos a organizar esta exposición para que se vexza un pouco daqueles tempos”..

Benito ten palabras de recoñecemento ao apoio recibido de Itziar Álvarez, á colaboración dos seus compañeiros dos Saljariteiros e tamén de Sito Santiago de Dibay Eventos, para facer realidade esta mostra do Entroido de Rebordondo e nos,  desde Carriola, agradecemos  a atención que nos prestou Benito para contarnos tan interesante idea nun día coma o de hoxe que é Sábado de Entroido que, en anos “normais” e ainda penso que neste tamén en gran parte, Galicia debería arder en Entroido polos seus catro costados.

 

roslev