Carriola.Redacción.30.03.22
El ayuntamiento de Marín ha decidido recordar de forma especial al recietemente falecido Xaquín Soneira, conocido nombràndose Artista del Año con la edición de un catàlogo de sus obras y dedicarleuna exposición especial en el Museo Torres que serà inaugurada el mañana jueves a las ocho de la tarde
Desde el pasado año la decisiín municipal es reconocer el valor de los artistas locales a los que quiere dedicar cada año el honorífico título de “Artista del Añpo”. En esta ocasión se decidió recordar al pintor Xaquín Soneira, fallecido no hace mucho, que, indican desde el concello “Adicou a súa vida ao desenvolvemento da arte, predominantemente da pintura. Realizou numerosas mostras en Marín e grazas á súa sobriña Begoña Soneira, encargada dos textos do catálogo que se editará para a ocasión, poderemos coñecer máis sobre os estilos artísticos do seu tío”.

La muestra será inaugurada mañana jueves y estarà comisariada por el pintor marinenjse Antón Sobral y coordinada por la concejala responsable del Museo Itziar Álvarez. Sobral, al referirse a esta exposición indicó ayer que “Vai constituir, sen dúbida, un recoñecemento a Xaquín Soneir e, os espectadores que a visiten, van comprobar unha panorámica da súa obra que o colocará no lugar destacado que lle corresponde”

Una vida dedicada a la pintura
Desde el concello reseñan la vida y obra de Soneira “Ramón Francisco Soneira, máis coñecido como Xaquín Soneira, naceu en Marín o 5 de febreiro de 1953. Fillo de Juan Soneira e Manuela Patiño, Xaquín criouse cos seus outros catro irmáns na súa casa de Ezequiel Massoni. Do seu pai, un mestre represaliado durante o franquismo, Xaquín e os seus irmáns herdaron calidades artísticas que máis adiante desenvolverían tanto el, coma dous dos seus irmáns. Xaquín axiña descubriu que a súa vida discorrería da man da creación, sendo a súa primeira exposición na alameda de Marín a mediados dos anos setenta.

Non se pode entender a obra de Xaquín sen facer referencia ao seu lugar de nacemento, Marín. Marín viuno nacer e despediuno, e aquí descansa, no cemiterio da Raña, aos pés dos seus pais, xunto aos seus familiares.
Tivo desde sempre claro que Marín era a áncora da súa nave de cores, dos seus personaxes, das súas formas abstractas e das súas musas. Habitaba as súas rúas, polas que paseaba a diario, e a súa figura era parte da paisaxe da vila.
Desde os seus inicios, Xaquín tivo unha estreita relación co Ateneo Santa Cecilia, vínculo que herdou do seu pai Juan, que frecuentaba aquel lugar onde coincidía co seu amigo artista e tamén mestre Manuel Torres, ambos amantes da acuarela, entre outras técnicas artísticas.
Xaquín foi un pintor autodidacta que peregrinou por distintas técnicas artísticas, entre as que caberían destacar os seus óleos de finais dos anos 80 e anos 90.
Admirador de Miró ou Picasso, abrazou ademais outros formatos como a acuarela, os acrílicos, a pintura pastel, a talla e a escultura en madeira. Utilizou diversos soportes como o lenzo, papel, cartolina ou táboa. O denominador común da súa obra é a forza das súas composicións, dominadas pola abstracción e a cor.