Carriola. Redacción. 22.04.22
O Museo Manuel Torres acolle mañá ás doce do mediodía a presentación dun novo libro acto que terá lugar no remozado salón de actos deste recinto municipal que con esta obra conxunta de Mabel Lozano e Paka díaz celebra o Día do Libro
Segundo unha nota remitida a estemedio, “O Museo Manuel Torres acollerá este sábado, dentro das actividades programadas polo Concello para conmemorar o Día do Libro, a presentación de Te invito a un mojito, un relato en primeira persoa sobre o cancro de mama ao que nos convidan a cineasta Mabel Lozano e a xornalista Paka Díaz.
Será ás 12.00 horas no salón do Museo e contará coa presenza de Paka que, lonxe de victimizarse e cun sentido do humor que non deixa títere con cabeza, trasladará unha historia humana, fresca e útil que compartiu con Mabel Lozano.
No libro, ambas mulleres repasan como se enteraron do padecemento desta enfermidade e como se enfrentaron a ela, utilizando palabras que rebosan resiliencia, forza e enerxía feminista. Conta con dez capítulos que se completan cunha guía práctica na que se recollen recomendacións e advertencias moi útiles, relacionadas con temáticas tan heteroxéneas como que pasa coa libido cando se ten cancro de mama ou cales con as cremas máis recomendables para a pel durante o tratamento”.