Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Ecos da Festa dos Maios: Hoxe Maio Barriada de Mogor e Embarcación San Xian dos Ancourados

Carriola. Redacción. 06.05.22

A Barriada de Mogor recuperou este ano a presencia daquela parroquia marinense na festa dos maios. Nesta ocasión é a Barriada Pérez Crespo quen moviliza aos seus veciños e nenos para participar na festa o que congratula aos amantes da mesma pola importancia que ten esta recuperación. A embarcación “San Xian dos Ancourados” é dos veciños de San Xulián, unha participación xa clásica nesta festa

No seu primeiro ano de participación os nenos de Mogor (nesta ocasión da Barriada Pérez Crespo) fixéronno con maio e barco. O barco recuperado de hai moitos anos e do que xa falamos no primeiro día desta serie e o maio que levou o nome de “Barriada de Mogor”.

Pois para o maio de Mogor foi o terceiro premio na categoría de “Letra” conquerindo así, ademáis dos cen euros de fixo polo feito de participar, outros 50 euros polo premio. Para o barco dos veciños de San Xulián, “San Xian dos Ancourados” o primeiro premio en interpretación e o terceiro en Letra co que levaron un total de 250 euros contando coa subvención de 80 euros para cada un dos barcos que se presentaron.

Dez foron os grupos e, ainda que se notou a falta de algún habitual, polo menos mantívose a festa un ano máis en Marín, unha das localidades que conservou a tradición á que agora súmanse outras moitas máis para ben da ancestral ainda que transformada festa.

roslev