Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Desde o BNG cuestionamos a credibilidade do PP en relación ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Carriola. Lucía Santos Omil (*). 07.05.22

Despois de anos de inacción, de incumprimentos de acordos plenarios e de rexeitar as propostas do BNG, temos sobrados motivos para dubidar da credibilidade do goberno do PP de María Ramallo.

O goberno municipal de Marín vén de aprobar hai uns días en pleno municipal a aprobación inicial do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, para poder acceder a financiamentos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que recolle unha serie de medidas para mellorar a mobilidade e obter un urbanismo moderno ao servizo da poboación.

As iniciativas recollidas no Plan presentado resultan fundamentais para a mellora de calidade de vida da veciñanza e así o levamos demandando nos últimos once anos con diferentes iniciativas que, ou non foron aceptadas no seu momento polo goberno do PP de María Ramallo, ou non foron executadas pese a ser aprobadas.”

O BNG leva anos apostando por medidas para mellorar a mobilidade urbana, solicitando melloras de conexión da vila de Marín coas parroquias e a posta en marcha de iniciativas que conleven unha mobilidade urbana sostíbel con transporte público.

A idea deste proxecto consiste en potenciar e pór en valor o fomento de zonas de ocio de xeito sostíbel e a recuperación de espazos públicos, unha tarefa que o PP negouse a levar a cabo nestes 11 anos de goberno incumprindo múltiples propostas aprobadas en sesións plenarias. No ano 2016 o Pleno aprobou unha proposta do BNG para potenciar o sendeirismo e crear a ruta das mámoas, do río Lameira e do río Loira, que conta cun gran potencial e valor etnográfico, e que a día de hoxe segue sen cumprir; No ano 2017 aprobouse a proposta do BNG para a creación do Plan de Protección do Patrimonio Arqueolóxico e, 5 anos despois, o plan segue sen desenrolar e as actuacións de conservación e posta en valor do inmenso patrimonio arqueolóxico que posuímos seguen sen realizarse; No ano 2019 o goberno municipal anunciou o inicio dos trámites par declarar o espazo de Castiñeiras como ENIL, tras a presión de diferentes entidades culturais, ecoloxístas e veciñais que decidiron crear unha plataforma para a defensa da contorna de Castiñeiras. Tres anos despois non temos noticias do ENI; En 2020 o BNG presentou unha proposta para crear un espazo de aparcamento para autocaravanas. Un ano despois de ser aprobada o PP dixo non contemplar levala a cabo, incumprindo así un acordo plenario, e agora mudan de opinión de novo para presentala no Plan.

A limitación e ordenación do tráfico e potenciación de zonas peonís son propostas trasladadas en múltiples ocasións a este goberno, polo que nos alegra enormemente que o goberno municipal mudara a súa postura e por fin pareza ser consciente das necesidades da nosa vila.Aínda así, no Plan preséntase a necesidade de reordenación das zonas de aparcamento, mais con “medidas totalmente improvisadas, esperando a oportunidade de atopar novas parcelas que poidan dar servizo de aparcamento, chamadas erroneamente aparcamentos disuasorios. Marín precisa aparcamentos realmente disuasorios”, en palabras da Portavoz municipal.

En canto á proposta de aparcamento soterrado no Parque Eguren,  lembramos que ubicalo no centro da vila vai en contra da limitación do tráfico no casco urbano que supostamente se procura e o proxecto recolle un número de prazas que nos parece bastante limitado para a obra que supón estimad en 218, cando no aparcamento da Escola Naval hai na actualidade 330 prazas que se verán reducidas considerabelmente en canto empecen as obras do futuro Centro Cultural. Así, Marín seguirá tendo problemas de falta de espazo para aparcar.

Noutra orde de cousas, as actuacións que nos presentan como futuro sostíbel e transformador da nosa vila non poden ir na liña dos proxectos realizados até agora por parte do goberno do PP, como por exemplo as actuacións na Avda. de Ourense e no Paseo Alcalde Blanco, onde non se crearon novos espazos de recreo nin se realizou unha renovación integral do que xa existía. O que Marín precisa son proxectos que transformen de verdade os espazos.

As actuacións que recolle o Plan de Mobilidade resultan interesantes e necesarias para a creación de espazos que fomenten a mobilidade sen tráfico rodado, establecer itinerarios peonís e ciclistas e crear unha senda que conecte o centro da vila coas praias. Neste último tema lamentamos que o goberno de María Ramallo non aproveite esta ocasión para negociar co Ministerio de Defensa a cesión de terreos da ENM e poder levar a cabo un proxecto de calidade, polo que a senda peonil e ciclista, de levarse a cabo, contará cunha importante limitación de espazo.

Temos argumentos suficientes para cuestionar a seriedade das propostas presentadas polo goberno do PP. Despois de anos de inacción, de incumprimentos de acordos plenarios e de rexeitar as propostas do BNG, temos sobrados motivos para dubidar da credibilidade do goberno do PP de María Ramallo.

(*) Portvoz do BNG na Corporación Municipal

Portavoz Municipal do BNG

 

roslev