Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Todo preparado para a celebración do Día das Letras Galegas que terá un alto compoñente de poesía este ano

Carriola.Redacción.11.05.22

A poesía será este ano o eixo sobre o que xirará o contido do Día das Letras Galegas nos acto que organizará o concello entre os que destacará a entrega do premio de poesía convocado que alterna co de Relato Curto ao que lle correspondeu o ano pasado e ao que se presentaron un total de 27 traballos

O Día das Letras Galegas estará marcado este ano na nosa vila pola poesía. O Premio de Poesía que o Concello convocou por mor da celebración deste día recibiu, tal e como explicou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, 27 traballos na modalidade de adultos e 9 na de escolares.

Beatriz Rodríguez manifestou onte que “É un ano especialmente bo na participación deste certame, que consideramos unha oportunidade boísima para que aquelas persoas que utilizan a nosa lingua para facer literatura, poidan optar á visibilidade que dá sempre un concurso e, no caso dos adultos, a un premio de 1.000 euros”,  

Premiados día das Letras ano 2005

 

Entrega do premio e outros actos

A concelleira anunciou, por outra manda, que “O premio entregarase o propio 17 de maio ás 12.00 horas, nun acto no Museo Manuel Torres. Despois, ás 13.00 horas, a Alameda acollerá un concerto do grupo Picuíña”. “Ademais, de xeito paralelo - indicou a concelleira- para celebrar o Día das Letras, a Biblioteca Pública Vidal Pazos acollerá distintas actividades de contacontos, como a que xa se celebrou o pasado día 7 e a que está prevista para o 28 e, asimismo, na Biblioteca haberá unha exposición dos carteis elaborados pola Xunta de Galicia sobre a vida e a obra do poeta do Barco de Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano.

 

roslev