Carriola.Informa Ateneo Santa Cecilia.12.05.22
Vanse perfilando as actividades de entretenemento para os nenos da vila e o Ateneo Santa Cecilia prepara o seu campamento que ofrece a nenos de idades comprndidas entre os 3 e os sete anos coa idea de facilitar a conciliación familiar e ofrecer aos rapaces e rapzas unha posibilidade de ocupación proveitosa do tempo de lecer. A nota informativa que nos remite o propio Ateneo dí:
Comprácenos anunciar a apertura de prazo para o CAMPAMENTO DE VERÁN DO ATENEO SANTA CECILIA 2022 que terá lugar de luns a venres do 1 de xullo ao 15 de xullo en horario de 09.00 a 14.00.
Este ano optamos por baixar a idade de participación, pensando na conciliación familiar. Poderanse inscribir nenos e nenas de entre 3 e 7 anos. O programa de actividades será diverso, dándolle especial importancia ao reciclaxe e o medioambiente. Alternaránse actividades no interior do Ateneo así como salidas ao exterior.
As inscricións realizaranse no noso local (Rúa do Forno, 42, baixo) en horario de martes a venres de 17.30 a 20.30 e os sábados de 11.00 a 13.00, ate completar aforo. As prazas serán limitadas.
Máis información
Para máis información, podedes contactar con nós por teléfono ou whatsapp ao 698 171 276 ou por correo electrónico: ateneosantacecilia@gmail.com
Recordamos que polo feito de ser socio/a tedes desconto no prezo do campamento.