Os Chiquiteiros están de patrón mañán coa celebración do San Caralampio a cargo dos Saljariteiros
Carriola. Redacción. 03.09.22
A vella costume de chiquitear polas tabernas daqueles tempos (hoxe tamén pero xa quedan poucas tabernas daquelas), ten un referente na celebración do Día de San Caralampio, unha festa que Jesús Novo (pai, q.e.d.) trouxo desde Melide hai moitos anos e aquí foi recollida e “practicada” polo Xaranga-llo-Manga-llo
E todo se quebrou cando os “Xarangallos” decidiron colgar os instrumentos para sempre deixando tras deles medio século de bo humor e a estela da boa xente que sabía compartir un bo viño (ou os que fose) nas tabernas do pobo
Claro que, a raíz dunha homenaxe que se lle rendiu á comparsa na persoa de Manolo, ·“O Norteiro”, alguén retou aos “Saljariteiros” para que, sendo eles especialistas nos cantos de taberna, recuperasen esa festa tan sinxela e tan singular chea de bo humor e simpatía e, no 2019, antes de que nos atacase o “bicho” da pandemia, tomaron verdadeiramente o relevo da festa sacando ao “Santo” en procesión polas capelas nas que é honrado, rematando na alameda onde, quen quixo, compartiu un viño en algunha que outra “tapa”.
Pois mañá, outra vez
Pos mañá volverá a celebrarse por todo o alto, chova ou non, o San Caralampio. Os Saljariteiros teñen preparados os seus cantos para recorrer as tabernas e facer honor ao día e sobre a unha da tarde, estarán na alameda coa xente que queira compartir con eles a festa.
Para elo, a firma ubicada en Seixo “Distribuciones Manolo Solla” ofrecerá o viño e, o concello, o resto artellando a sinxela infraestructura que precisa esta festa coma sempre Dibay Eventos.
Pois, quen queira tomar un grolo e brindar polos chiquiteiros de antes e de agora e polo santiño que estará presente no seu artístico carro procesional, non ten máis que acercarse mañán á alameda e disfrutar da convidada.