Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os Chaneiros trasladan para o multiusos do mercado a celebración do Memorial Antonio Fernández

Carriola.Redacción.04.09.22

As previsións de mal tempo están aconsellando a suspensión ou o traslado dos actos previstos para esta fin de semana. Ocurreu coa festa das Escolas Municipais de Deportes o pasado venres a pesar de que se presentou una tarde soleada y agora tamén inflúe na decisión do grupo “Os Chaneiros” que anuncian o traslado do concerto múltiple previsto para hoxe ás oito da tarde da alameda ao multiusos do mercado.

A Asociación cultural “Chaneiros” lembra de xeito especial hoxe a Antonio Fernández, bedel que foi durante moitos anos do Colexio San Narciso onde participou co “Padre Marino” na formación do grupo de gaitas que tomou o nome, precisamente, do lugar onde se atopan as instalacións do devandito centro escolar fundado polos “Padres Paúles” e hoxe traspasado a unha importante empresa educativa.

Antonio Fernández, músico de profesión antes de entrar a traballar na plantilla do colexio, axudou moito á creación e preparación dos “Chaneiros” para os que compuxo unha infinidade de pezas inéditas que hoxe son interpretadas por outros moitos grupos de música galega tradicional.

Tras os dous anos de pandemia nos que se interrupeu esta homenaxe, hoxe retómase a serie co que fai a súa novena edición

roslev