Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Sonia Barreiro Blanco resulta ser a gañadora do octavo sorteo da campaña comercial de Estrela de Marín

Carriola.Informa Estrela de Marín.01.10.22

Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Sonia Barreiro Blanco.

Sonia selou a súa tarxeta nos comercios Nube, Xanela e Five Sport polo que disporá de tres vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos. Neste caso, Sonia non forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que non recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores.

Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas. O acto de entrega do premio terá lugar o mércores día 5 de Outubro ás 11:30h no comercio Nube, no transcurso do mesmo a gañadora recibirá os 150€, en vales compra.

Nesta edición, efectuaremos 10 sorteos polo que en total sortearemos 2.000€ en tarxetas regalo. Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o seguinte sorteo efectuarase o 31 de Outubro.

roslev