Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma denuncia “o extremo deterioro” da sanidade marinense e anima á poboación a asinar a ILP en defensa da atención primaria.

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*).01.10.22

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, vén de denunciar a situación de extremo deterioro na atención sanitaria marinense.

Esta semana no Centro de Saúde de Marín houbo menos da metade de facultativ@s que nos corresponden. De 14 médic@s entre mañá e tarde: o luns 26 houbo 4 de mañá e 2 de tarde; o martes 27, tres de mañá e tres de tarde; o mércores 28, tres de mañá e 2 de tarde e o xoves 29, 4 de mañá e 2 de tarde. O venres 30 de setembro, o peor día só tres facultativos e outro que estará ata as 11 e non haberá ningún pola tarde como ocorre todos os venres dende o 16 de setembro.

É unha vergoña que as colas ocupen os corredores e que unha poboación de case 25.000 habitantes non teña garantida unha atención sanitaria digna. En cupos como o do Dr. Aboal estanse a dar citas para o 25 de outubro e no caso do Dr. Bastida, xubilado recentemente, para o 24. A espera para unha consulta no Centro de Saúde de Marín noutros cupos está entre 7 e 10 días.” Ademais denuncian que “non se poden sacar radiografías en Marín dende hai 15 días por unha avaría e a previsión é que non se arranxe, como mínimo, ata o 20 de outubro. Pola súa incompetencia quérennos ter máis dun mes sen ese servizo operativo en Marín.

Consideramos que é vergoñento que na Xunta consideren puntual os recortes pola falta de profesionais, especialmente persoal médico, cando estamos vendo que ocorre a diario e que tamén faltan recursos materiais nos centros de saúde. Isto non hai propaganda que o tape e dende a Consellería do Sr. Comesaña deberían poñerse a ofrecer contratos dignos aos profesionais para que non marchen a onde os tratan mellor. A Xunta é a que contrata porque ten as competencias a nivel laboral para facelo, que se deixen de tirar balóns fóra e asuman as súas responsabilidades que para iso gobernan.

Así as cousas, a Plataforma segue recollendo sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da atención primaria. Esta semana estiveron diante do Centro de Saúde de Marín e seguirán achegándose a diferentes lugares do concello, hai moi boa resposta da xente e xa temos centos delas. Cada vez somos máis criticando esta situación. No noso concello a Alcaldesa segue calada pero nós imos seguir alzando a voz e protestando porque non imos permitir que se xogue co noso dereito a unha atención sanitaria digna.

(*) Iria Aboi Ferradás é a portavoz da plataforma

 

 

roslev