Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do Cartafol de Manuel Torres: Tempo de Vendima

Carriola.Redacción.02.10.22

Retomamos en Carriola os relatos que Manuel Torres Martìnez, famoso pintor marinense que da nome a o noso Museu, que deixou tamén escritos porque non so manexaba con verdadeira maestría os pinceis e os lenzos senon que foi tamén un escritor merecente de ser tido en conta. Hoxe recollemos do libro “Do Meu Cartafol” que editou o Ateneo Santa Cecilia no 1986, o seu relato, espectando ao cen por cen a escrita o autor

Tempo de Vendima

Eu non sei qué ten o viño na síúa raíz e no seu ácio. Eu non sei qué soterrado esprito, qué desmedido alento ascende polo sabugo das cepas e aniña la ledicia miuda e redanda das uvas arracimadas. Eu non sei qué extrano xénesis de fermentos e arrecendores apousenta no ventre da fustalla atuida de mostos, nin qué sobrenatural virtude acouga na bodega trocada en antro da leda alquimia dos caldos espiritosos. Eu non sei qué ten o viño na sua agoada aparencia ou no arrecendo nas cuncas erguidas con rito solene na trastenda húmida das tabernas antigas, ou na sua cor purpúrea con lembranzas de imperios e de togas fachendosas, ou na na sua oureal trasparencia requintando no vidro da copa soerguida na derradeira fase dos banquetes de sona.

Eu non sei qué ten o viño, pero na súa rolda as fauces anguriadas trocan en leda expresión o seu xesto agoniante, as almas trebolentas acadan un sosego de ledas lembranzas, i o desalento dos mancados da ánima alporízanse en desvariados impulsos. Todo é ledo e sorridente na rolda ademiradora do viño. Todo é fraternal e xubiloso no apousento suburbán das tabernas porque o viño leva no seu esprito a droga do esquecemento mesturada coa droga do máis humán sentimentalismo. Licenciados e tendeiros, mariñeiros i escolantes, zapateiros e doutores, boticarios e ferreiros, xornaleiros e letrados, todos, todos avencellados polo esprito do viño esquéncese do  mundo atormentado de instintos cativos e de mortais envexas e perden a diferenciadora persoalidade  para renacer demudados en nenos enxeles, a unha nova e cordial hirmandade no seo das tabernas convertidas en chocalleiras casas de orantes.

Agora que xa estamos no San Miguel, os brazos morenos das mozas labregas erguen como en ofrenda os queipos de uvas i o seu corpo lanzal deseña belido escorzo sobre a morne coloración das follas murchas. Os lagareiros viran con pulso firme o fuso do pe do lagar cargado de mostos arrecendentes i a canción do viño novo caindo a chorro no pichel brinca fora das bodegas aledando o esprito dos bebedores en xúbilos desmedidos coma un anticipo de unha nova anada de     

roslev