Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

En el grupo municipal socialista seguimos sin comprender o voto contrario do PP á nosa moción da parada de bus en Seixo

Carriola.Manuel Pazos Lamoso (*).16.10.22

Parécenos evidente que Seixo necesita unha parada de autobús digna e en condicións, e que o mellor sitio para facelo é na Avda. Otero Ulloa e integrándoa coa reforma que se efectua ao redor do mercado e por este motivo non podemos comprender o voto en contra do PP, empregando ademáis argumentos falsos como que os informes técnicos non o permiten. O que non hai é vontade de facelo e de paso mellorar a actual obra en marcha e dotala de sentido.”

 Finalmente o PP votou en contra da moción do noso grupo muncipal de crear unha parada de autobús digna en Seixo, con marquesiña e con andén para deterse o bus sen facelo no medio da estrada, similar a como xa temos onde a igrexa nova de Marín ou fronte á alameda. Empregou para elo un tono bronco durante o debate máis propio dun mal partido da oposición, que dun partido no goberno.

Os socialistas defendimos dende o principio da obra proxectada para o entorno do mercado Seixo debía actuar sobre todo o espazo que vai dende o mercado ata a Avda. Otero Ulloa, creando unha gran praza pública e aberta. Non se nos fixo caso.

Agora propuxemos que a parcela do antigo bar Miramar se expropie e se instale alí esa infraestructura e tampouco lles convence a idea con argumentos coma que o custo é inasumible, algo totalmente falso porque o valor da parcela pode ser duns 50.000€ cando a obra actual custa 700.000€, e que os informes técnicos non o permiten, algo que tampouco é certo.

Ainda así deben ter mala conciencia que o PP pasou de afirmar que non era necesaria e que ninguén demandaba esa infraestrutura, a anunciar onte que buscarían algún outro lugar onde instalar unha pequena marquesiña.

(*) Manuel Pasos Lamoso é o portavoz do PSOE na Corporación Municipal

 

roslev