Carriola. Informa Yonathan Carreira (*). 20.10.22
O luns día 24, o Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia D. Manuel Heredia, acompañado da Alcaldesa do Concello de Marín Dª María Ramallo Vázquez, da Concelleira de Comercio e Turismo Dª Cristina Acuña e do xerente do CCA Estrela de Marín, visitarán a algúns dos establecementos adheridos ao programa “Bonos Activa Comercio”
O programa conta cun orzamento de 5 millóns de euros cos que se prevén mobilizar 17 millóns neste sector e chegar a 160.000 clientes a través de bonos desconto de 30 euros. Os clientes interesados deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal e poderán descargar os bonos desconto de 30 euros a través dunha aplicación móbil. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as compras de 20€ a 29€ euros terán un desconto de 5€, as compras de 30€ a 49€, terán un desconto de 10€ e as iguais ou superiores a 50 euros lles corresponderán un desconto de 15€.
Máis de sesenta establecementos en Marín
No Concello de Marín, prevese a adhesión de máis de 60 establecementos comerciais . A comitiva, que comezará o seu percorrido ás 11.30 horas, arrancará as súas visitas no establecemento comercial de Casual, situado na Rúa de Méndez Núñez nº43. ás 11.30horas.
(*)Jonathán Carreira é o xerente daXerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín