The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Parque de Briz, convertido nun terrorífico recinto na noite de defuntos, abrirá as portas, con entrada libre, ás seis da tarde

Carriola.Informa Concello.25.10.22

Onte faciamos recordatorio en Carriola de Marín dos plans municipais para a celebrción do Samaín no parque de Briz para o que se está a preparar “unha boa” para quen queira que se lle poñan os pelos de punta eonde tamèn haberá unha representación teatral y un fin de festa musical. O Concello emiteuonte unha nota explicativa de máis detalles da singular xosnada.

Briz acollerá dentro dunha semana a gran festa de Samaín Briz, para a que se espera unha asistencia de aproximadamente 3.000 persoas. A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, avanzou esta mañá como será a programación.

 A apertura de portas será a partir das 18.00 horas e media hora máis tarde abrirán as tres rutas de medo: Túnel das Ánimas, Nidos do Terror e O San Martiño. Estes tres percorridos, cheos de susto e de diversión, estarán espallados por distintos puntos da finca.

 Entrada libre,sen retirar ticket

Nesta ocasión, ao contrario de edicións anteriores, NON será preciso coller un ticket previo para entrar na ruta, senón que bastará con agardar a cola. Desde o Concello, piden aos asistentes comprensión e paciencia, no sentido de que se espera que haxa unha gran aglomeración de xente, e pode ser que nalgúns momentos sexa preciso esperar para poder disfrutar das rutas que, así a todo, estas estarán abertas ata as 22.00 horas, polo que de seguro todo o mundo poderá gozar desta actividade, que se complementará con animación por toda a Finca de Briz, que estará totalmente ambientada con motivos típicos do Samaín.

 A partir das 22.30 horas, será o turno do espectáculo “Aninovo Celta”, no Auditorio ao aire libre, e media hora despois comezará a animación musical, que durará ata a unha da madrugada, cando se pecharán as portas da terrorífica (por un día) Finca de Briz.

Desde o Concello lembran que a entrada é totalmente gratuíta e que haberápostos de venda de comida e bebida, así como de artesanía.