The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Parque de Briz albergará durante tres meses un curso de formación de monitores de tempo libre organizado polos campus universitarios de Ourense e Vigo coa colaboración do Concello de Marín

Carriola.Informa Estoupo.26.10.22

A Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense e de Pontevedra (Estoupo), en colaboración coa UVigo e co Concello de Marín, vén de convocar unha nova edición do seu Curso de monitores e monitoras de actividades de tempo libre, no que 25 persoas terán a oportunidade de, durante as fins de semana de novembro, decembro e xaneiro, aprender a dinamizar todo tipo de colectivos, desde menores ata maiores_ 

Cun enfoque principalmente práctico e orientado á empregabilidade dos participantes, a docencia desenvolverase nesta edición os venres, sábados e domingos dende o 4 de Novembro ata o 15 de Xaneiro.

 Contidos

Os contidos que se abordarán ao longo da formación abranguen todo tipo de actividades destinadas á animación sociocultural e do tempo libre, como xogos tradicionais, grandes xogos, veladas, rutas interpretativas, obradoiros de reciclaxe, actividades na natureza e deportivas, expresión musical e corporal, primeiros auxilios, educación para a saúde, animación á lectura, psicosocioloxía, educación en valores, lexislación e saúde ambiental, entre outras cuestións.

 Posibilidade de obtención do título  acreditado

Na docencia do curso participarán non só profesionais do eido educativo ou da intervención social senón tamén profesionais do eido da historia ou do turismo e persoas que teñen un papel activo na entidade organizadora. Ao rematar a formación, os participantes que cumpran os requisitos obterán un título de monitores de tempo libre acreditado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e poderán ser monitores de tempo libre de todo tipo de públicos.O prezo de matrícula é de 170 euros e o prazo de inscrición abre hoxe, 26 de novembro, a través do mail secretariaestou@gmail.com.