Carriola.Ateneo Santa Cecilia.31.03.23
Coa chegada da primavera celebrase "O dia da poesía" e no Ateneo Santa Cecilia nesta ocasión querémolo celebrar co Poeta do Mar, Xosé Iglesias que nos presenta a súa obra poética mais recente "Atlántico Norte, chamádeme Ismael". Un libro de poemas de fonda temática mariñeira para un home que leva toda a súa vida vencellada ao mar, patrón de costa, de pesca, capitán e armador, traballou nos mares de Escocia, Gran Sol e na costa galega entre outros.

Considérase un activista en defensa da actividade pesqueira galega, fonte de riqueza para a nosa terra, un namorado do seu oficio ao que exalta na súa poesía cargada de sentimento. Pero Xosé non solo expresa a súa paixón a través da poesía senón tamén do debuxo e a pintura, levando a cabo diferentes mostras e exposicións por toda Galicia, nestes momentos ten colgada parte do seu traballo no Ferrol onde se poden admirar desde os cetáceos, peixes ou crustáceos.
Hoxe venres, dia 31 de marzo as 20:00 h. teremos a ocasión de escoitar un auténtico recital poético de ese mar Atlántico, ao que Marín e os marinenses tanto lle debemos. Lembrade o noso escudo "Nostra in mare Fortuna".