Carriola.Redacción.29.04.23
Setenta anos fai que a Asocaición de Cultura e Arte Santa Cecilia encargouse de artellar o que desde entonces é o concurso de maios e embarcacións que ten a alameda como lugar da concentración matinal e a Praza do Reloxo para o concurso
Setenta anos veñen sendo, en realidade poucos porque é de supoñer que esta tradición que ven sendo unha das festas máis, senon a que máis, antigas da humanidade. Seguramente, antes de que a antigua Asociación de Cultura e Arte, Santa Cecilia (hoxe Ateneo) se puxera ao frenta da organización do concurso, os maios sairían nese e noutros días da primaveira arredor do día un do mes que entra, para cantar á natureza ou cantar o que quixeran os que artellaban os seus maios e con paus de man ou fungueiros acompasaban os seus cantos.

Imaxen do concurso do ano 2010
Pero é de mérito que o Ateneo se manteña firme nesta tradición que ven sendo casi un tercio dos seus principais cometidos do ano ao que se lle engade o Enterro da Sardiña e a Danza de San Miguel como bandeiras principais da conservación e a promoción cultural desta asociación, estando estas dúas últimas recoñecidas como festas de interés cultural e turístico de Galicia.
Ben certo é que a festa tivo os seus altos e baixos ao longo de tanto tempo. A razón principal delo foi, sen dúbida, os cambios de costumes e a modernidade que, de calquera maneira non conseguiu deixar atrás esta menifestación cultural tan veterana. Ben certo é que, no tempo de cando os que son coma mín, máis ou menos, eramos nenos , sabiamos perfectamente onde atopar fiuncho, espadaina, pampullos, maravillas e outras precisosdades que da o campo neste tempo. Daquela, durante o ano, faciamos “excursions”· polos arredores e coñeciamos ben o entorno. Hoxe en día é ata dificil que un neno coñeza o que é o fiuncho ou a espadaina e, por suposto, poucas familias deixarian ir a un rapaz polas veigas arriba a recoletar eses elementos indispensables para facer u maio.

Os maios de Marín lucen preciosas coroas
Neste tempo, os colexios e colectivos veciñais como San Xulián, Landeiras , Barriada Pérez Crespo. Son os que animan aos nenos e nenas e disfrutan da festa os pais, nais e veciños, que aproveitan para lembrar, seguramente os seus tempos infantís.
Sete maios e catro barcos
Este ano son once os grupos que se presentan a festa, sete deles maios e catro barcos. Así, o Colexio Inmaculada presenta o “Maio Pequeniño” e o Maio Inmaculada”; O SEI San Narciso, o “Maio da Bruxa”; O CEIP Sequelo o “Maio Mariñeiro”; e no eido veciñal estarán o “Maio Barriada de Mogor”, o “MaioSan Xulián” e o “Maio Landeiras”, dos veciños de Vista Alegre”.
No apartado de barcos son catro grupos: “Barco San Narciso”, “San Xian dos Ancourados”, “Barco de Mogor” e, “Embarcación Xiana” do CEIP Sequelo
Concentración matinal e concurso pola tarde
Como é tradicional e preceptivo, todos os grupos deberán presentarse na alameda ao mediodía e con elo facilitarase o labor dos membros do xurado que poderán evaluar os méritos de construcción e coroa no caso dos maios e de construcción no caso dos barcos. Tamén durante a mañán o xurdo poderá valorar as letras das “coplas” que leva cada grupo quedando para o momento do concurso a interpretación.
Convendría, na nosa opinión, que se evitase o amontonamento dos maios e barcos que, en anos anteriores colocáronse todos xuntos durante a mañán pegados ao palco da música. Alguen da organización debería indicarlles a medida que van chegando a alameda que se colocasen relativamente distanciados a o longo dos paseos para así dar maior vistosidade á festa e facilitar que os grupos canten sin asoballarse uns a outros.
Premio para todos
Os participantes optarán a tres premios por categoría de construcción, coroa, letra e interpretación, para os maios e construcción, letra e interpretación, para os barcos e, aparte, todos os grupos recibirán unha subvención, a modo de axuda, porlo feito de participar.
Ademáis dos cartos que cada grupo poda conseguir tanto coa participación no concurso como coa recaudación polas coplas, todos eles levarán ao remate da súa actuación a tradicional rosca e o chocolate para a merecida merenda polo seu esforzo.