Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cantodarea e as barriadas, puntos estratéxicos de mellora urbana que María Ramallo proxecta para o próximo mandato

Carriola.PP (R).16.05.23 

Transcribimos en Carriola unha nova declaración de intencións que manifesta o Partido Popular no seu programa e neste caso referente á mellora futura nas barriadas locais de veciños:

Sabemos que son zonas nas que vive moita veciñanza e precisan dunha renovación, tanto en materia de servizos como na humanización xeral da súa superficie”, explicou a actual alcaldesa, que aposta por abordar esas melloras nos próximos catro anos en Favarizas e Virxe do Carme e tratar de acadar un ARI específico para Cantodarea.

Queremos trasladar unha aposta por seguir mellorando o noso casco urbano, defendendo as reformas que levamos feito e trasladándoas aos barrios e barriadas para poñer en valor cada rúa, cada zona . Esa foi a promesa que deixou patente a candidata á reelección para a Alcaldía de Marín, María Ramallo, na súa intervención de onte no mitin central dacampaña para os populares, que ateigou ata a bandeira o Multiusos da Praza de Abastos.

E é que dentro do programa electoral que co que o PP de Marín quere trazar as liñas futuras do Marín que está por vir, a mellora urbana dalgunhas das zonas que a día de hoxe máis o precisan é un pilar fundamental.

Por iso, o PP quere priorizar a humanización das barriadas de Virxe do Carme e Favarizas como dous proxectos estratéxicos de cara aos próximos catro anos. “Sabemos que son zonas nas que vive moita veciñanza e que precisan dunha renovación, tanto no que non se ve, en materia de saneamento e servizos, como no que si é máis apreciable, a nivel de humanización, mellora urbana, mobiliario e alumeado”.

Pero ademais, para o PP é fundamental poder sacar adiante outro importante proxecto no barrio mariñeiro por antonomasia da nosa vila: Cantodarea. Queremos traballar para impulsar un Área de Rexeneración Integral para Cantodarea, porque sabemos que ten potencial de mellora, pero precisa medidas concretas, que respondan ás necesidades desta barrio. Precisamente, a rehabilitación edificatoria e a estimulación de nova promoción inmobiliaria tamén foron dous puntais sobre os que se sostivo o discurso da actual alcaldesa.

Marín estase a converter nun referente en moitos ámbitos, pero sabemos que aínda queda traballo por facer e en vivenda queremos dar un impulso importante no próximo mandato.

roslev