Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A.C.D. Gaharaboto un club disposto a recuperar e potenciar os xogos máis tradicionais como billarda, chave, e petanca, entre outros

Carriola.Gharaboto.17.05.23 

O pasado sábado 13 de maio de 2023 rematou a Liga de Petanca Concello de Pontevedra onde participaron 13 equipos de diferentes parroquias de Pontevedra e o noso equipo de Marín.

Temos que agradecer a agrupación de Petanqueiros de Pontevedra e ao concello de Pontevedra, deixarnos participar na Liga 2021/2022 onde acadamos o 4º posto e na 2022-2023 onde acadamos este 3º posto, así como na copa do ano 2021 onde quedamos campións e na 2022 rematamos en 3º lugar.

Nestes 2 últimos anos os noso equipo de Petanca xogou ademáis da Liga e Copa de Pontevedra torneos en Cangas, Moaña e Bueu sendo campión en Bueu e cuarto finalista en Cangas.

En canto a Chave participamos no torneo de Seleccións do Morrazo onde quedamos de últimos xa que ao non ter instalación para adestrar deixounos en desventaxe coas outras Seleccións.

Unha mágoa tamén, non poder celebrar o torneo de Petanca nas Festas do Verán 2022 que sería a 3ª edición por falta de campos ao ter que levantalos polas obras do Auditorio. (Agardemos que pronto se fagan os campos en Marín para deixar de xogar no bonito campo de Estribela, no concello de Pontevedra)

A liga de Billarda está a 3 xornadas de rematar a tempada 2022-2023 e ainda temos opcións de ganar en varias categorías. 

A imaxen que acompañamos a esta información e o equipo  de Petanca Marín-Gharaboto 3º clasificado na Liga Concello de Pontevedra 2022-2023 e nela apararecen, de esquerda a dereita,Luis Camiña-Luis Moledo-Francisco Almazán-José Insua -Francisco Rivas-Angel Otero-Ana González-Luis González-Antonio Estévez

 

roslev