The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Propostas de María Ramallo para a mocidade: un novo skatepark no Parque Azul, o apoio a eventos de cultura urbana e gamer e a posta en marcha do Centro Xuvenil

Carriola.Partido Popular (R).17.05.23 

Unha das primeiras iniciativas que levaremos a cabo se revalidamos o Goberno é a remodelación integral do skatepark do Parque Azul, manifestou a candidata do PP a alcaldía de Marín.

A xente nova é a savia que alimenta a sociedade que queremos construir na vila e por isoprecisan de espazos de ocio nos que poder desfrutar. Ese é o obxectivo que ten marcado actual alcaldesa e candidata á reelección, María Ramallo, que quere apostar por “espazosmáis potenciados para que a mocidade poida pasar as tardes e o seu tempo libre aquí, nasúa vila, con todas as posibilidades ao seu alcance”.

Nese sentido, a candidata popular avanzou que un dos primeiros proxectos que se levará a cabo nos próximos catro anos se o pobo de Marín lle volve dar a confianza para seguir

gobernando, “será a remodelación integral do skatepark do Parque Azul de Cantodarea”. “Cambiaremos todos os módulos e instalaremos outros novos”, explicou a candidata popular.

Pero é que ademais, os últimos catro anos foron unha demostración de que o ocio da mocidade estivo na primeira liña da xestión municipal. Exemplo diso foi a programación de eventos como o Marín Gaming Fest, “que esperamos que sexa xa unha data fixada no calendario para todos aqueles interesados no mundo do gaming”, así como outros eventos como o Rilla Marín ou as batallas de galos de freestyle organizadas por BhB Galicia.

A maiores, outro dos proxectos que xa está a executarse e que será unha realidade proximamente é a creación dun Centro de Ocio Xuvenil no antigo Liceo Casino, “un inmoble que decidimos adquirir para poder crear un espazo multidisciplinar, de ocio e de programación cultural e de actividades pensadas por e para os adolescentes da nosa vila, que sirva de punto de encontro”, explica Ramallo.