Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG Propón un novo Marín para traballar e onte celebrou un mitin na casa de cultura de Seixo

Carriola.BNG (R).17.05.23 

O BNG aposta polo impulso de medidas que fomenten a actividade económica e a creación de emprego, establecendo liñas de acción política que propicien que os axentes económicos teñan mais facilidades para realizar investimentos e xerar emprego.

O modelo do BNG aposta por un sistema económico que sitúa as persoas e a calidade de vida no centro. Neste sentido, Lucía Santos, candidata á alcaldía de Marín, afirma que “o BNG aposta polas empresas locais como motores do cambio do Concello e como exemplo de emprendemento, autoxestión e profesionalidade.”

Ante a perda de postos de traballo, Santos afirma que “o BNG apostará polo emprego mediante a creación e mantemento de postos de traballo, establecendo sinerxias entre empresas.” E engade que “estamos decididos a crear un futuro en materia laboral, ser un catalizador e dinamizador das empresas e negocios existentes e os de nova creación co obxectivo de cambiar a dinámica, e comezar a crecer para ser o Marín que a veciñanza merece.”

Amais, a candidata do BNG manifesta que “o BNG aposta pola desestacionalización do turismo mediante a posta en valor dos nosos recursos etnográficos, mariños, histórico-artísticos, eco-xeográficos e arqueolóxicos para xerar emprego durante todo o ano. A estacionalización do turismo actual (turismo de verán) só xera emprego temporal tres meses ao ano.”

Emprego e Promoción Económica

Santos afirma que “o BNG aposta por un Concello activo, cunha actitude de compromiso e impulso de medidas que fomenten a actividade económica e a creación de emprego, establecendo liñas de acción política que propicien que os axentes económicos teñan mais facilidades para realizar investimentos e xerar emprego.”

As principais medidas, a maiores das medidas relacionadas co comercio local xa expostas, do BNG serán:

  1. Fomentar a área de Desenvolvemento, formación e orientación laboral.
  2. Creación de viveiros empresas en colaboración con outras administracións. Creación de incubadoras de empresas e viveiros en diferentes zonas de Marín que ofrezan asentamento a diferentes negocios que desenvolvan ou queiran desenvolver o seu traballo en Marín.
  3. Realizar un plan de colaboración con centros de FP, Universidades galegas, Deputación de Pontevedra, entre outras administracións para que realicen prácticas de “primeiro emprego" nas dependencias municipais e/ou empresas de Marín.
  4. Desenvolver un plan estratéxico para atraer a traballadores individuais ou empresas do sector tecnolóxico, xa que a súa tipoloxía de traballo permítelles realizar o seu cometido dende calquera parte do mundo.

Mitin en Seixo

Onte,tal como estaba anuniiado, o BNG mantuivo un contacto cos veciños de Sexo que encheron o salón de actos da Casa de Cultura a onde se trasladou a reunión polafriaxe que facía na alameda. Os asistentes escoitaron as propostas realizadas pola candidata Lucía Santos Omíl e o seu comapeñiro número tres da lista, Josè Souto, así como as palabras pronunciadas poladeputada no parlamento galego Montse Prado que asistiu e participou no mitin.

Próximas accións da campaña  do BNG

A problemática e Seixo en xeral foi tratada a fondo por Santos e Souto nun acto no que os asistentes mostraron aceptción das propostas  escoitadas nomesmo

Segundo nos explicou a propia Lucía Santos, ademáis do desenrolo propio do día a día, o BNG sitúa parao pr-oxim mèrcolrès o mitin central en marín ao que asistirà como invitado especial Lui Bará.

roslev