Carriola.Redacción.19.05.23
Francisco Gil Moreira, máis conecido popularmente por “Chico Gil” acaba de irrumpir no mundo do deporte veterano agora na “Marcha Nórdica” especialidade que cambiou recentemente polos maratóns que eran antes a súa principal afición e na que destacou en varias competicións nas que participaba.
E agora o noso Chico Gil esta feito un casi campeón (todo se ha de andar) de “Marcha Nórdica”, deporte no que se iniciou non hai moito e no que disfruta co seu esforzo na camiñata tan esixente que se fai segundo unha estricta normativa técnica e coa axuda de dous bastóns apropiados para ela. E, ainda que a marcha nórdica, andar impulsándose cúns bastóns específicos, xa leva moitos anos practicándose, a competición oficial en España comezou no ano 2015, estando este deporte encadrado dentro da FEDME (Federación Española de Montañismo e Escalada).

Participación marinense
Opasado domingo celebrouse en Azagra, Navarra, o Campeonato de España de Marcha Nórdica. Ata alí se desplazaron varios marchadores galegos dos clubes CdM Xesteiras, Club Marcha Nórdica Coruña e Nordic Walking Vigo. A proba celebrouse sobre un circuito de 3,2 km o que tiveron que darlle cinco voltas para completar os 16 km que contiña, e foi un circuito moi rápido, con moi pouco desnivel con algo de chuva e cierzo, vento típico daquelas terras, que obrigaba a ter unha concentración máxima no uso dos bastóns de marcha nórdica.
Entre outros deportistas do CdM Xesteiras competiron 2 marinenses, Jose Fco Gil Moreira ( Chico) e Ana Dasilva Castro. Hai que destacar os seus resultados pois Chico quedou quinto na categoría veteranos D, e Ana 15 na súa categoría.
É destacar o papel de Chico, que tras deixar de competir en maratóns decidiu o ano pasado voltar a colocarse un dorsal en Marcha Nórdica, na que ademáis de ter que entrar en meta antes dos seus competidores, tes que marchar cunha técnica determinada que é evaluada polos xuices que poden poñer penalizacións de tempo e incluo eliminarte da proba se a técnica non é a correcta.
Pois noraboa a Chico e tamén a Ana que tan alto deixaron o pabellón do deporte marinense